Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

imaxe_dic
Colaborativo: acceso por contrasinal
Descrición
GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no marco do Mestrado Mundus en Lexicografía (EMLex). Tendo en conta o carácter multicultural do devandito mestrado e a existencia de lexicógrafas en todo o mundo, o recurso aspira a incluir representación de cada continente e tratará de ser o máis diverso posible. Os lectores poden consultalo gratuitamente e tamén presentar propostas de entradas. O dicionario está dispoñible en liña e pode descargarse en formato dixital. ENG The aim of this dictionary is to give visibility and vindicate relevant women in the field of lexicography. The work provides information on their lives, their careers, as well as their social and cultural background. It particularly highlights their contribution to lexicography in their respective contexts. This work is developed as a didactic project for collaborative learning within the framework of the Master Mundus in Lexicography (EMLex). In response to the multicultural nature of the Master’s and the existence of women lexicographers all over the world, the resource aims to include representation from each continent and will be as diverse as possible. Readers can consult it free of charge and also submit proposals for entries. The dictionary is available online and can be downloaded in digital format.
Fontes
GAL literatura científica, xornais, entrevistas, dicionarios impresos e dixitais, recursos dixitais ENG scientific literature, newspapers, interviews, print and online dictionaries, online resources
Finalidade
GAL O dicionario ilustra a contribución de mulleres lexicógrafas co obxectivo de recoñecer os seus logros como modelo para ´futuras xeracións. Este recurso foi deseñado como actividade de práctica lexicográfica e aprendizaxe colaborativa. ENG The dictionary illustrates the contribution of female lexicographers with the purpose of recognizing their achievement as a role model for future generations. This resource was designed as a lexicographic practice and an activity for collaborative learning.
Público Principal
GAL Convidamos a lexicógraf@s, entusiastas da lingua e do coñecemento e a tod@s interesad@s a contribuír no desenvolvemento deste recurso e a empregalo nas aulas, como simple lectura ou como elemento para a reflexión. ENG We encourage lexicographers, language and knowledge enthusiasts and all those who are interested to contribute to the development of this resource and to use it in the classroom as a simple reading or as a tool for reflection.
Autores
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex
Institución
ILG, USC, EMLex
Contacto
majo.dominguez@usc.es

Busca de entradas

#
Buscar

Como citar este dicionario:

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa (coord.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 10/10/2024 ás ].


Comentarios