Busca de apelidos

  1. Os apelidos buscados non deben ter acentos nin tiles diacríticos xa que a información facilitada polo Instituto Nacional de Estatística carece destas marcas. Daquela, por exemplo, ó buscar CASAS obteranse tanto os resultados correspondentes a Casas como a Cásas.

  2. Para buscar apelidos compostos deben separarse as formas cun guión baixo (_) Por exemplo, o apelido Fernández Da Ponte debe buscarse escribindo: FERNANDEZ_DA_PONTE. Tamén deben buscarse con guión baixo os apelidos que comecen por preposición: DA_PONTE.

  3. Nas buscas poden utilizarse como caracteres comodíns o asterisco (*) e a interrogación de peche (?). O asterisco equivale a un conxunto de carcteres ó inicio ou á fin dunha secuencia: ó escribir <PERE*> buscaranse os apelidos que comezan por PER- (PERE, PEREA, PEREDA, PEREZ, etc.). A interrogación de peche ten o valor dun só carácter: ó escribir <SANCHE?> buscaranse as palabras de sete letras que comecen por SANCHE- (SANCHEL, SANCHES e SANCHEZ).

  4. Deberanse ter en consideración as distintas grafías que poida presentar o apelido. Polo tanto, hai que buscar tal e como constan exactamente no censo: as variantes castelanizadas, con ou sen <h>, con <b> ou con <v> constan como formas distintas (TEIXEIRO/TEIJEIRO, AIRA/AYRA, ERMIDA/HERMIDA, RIBEIRA /RIVEIRA...). Pero se o que interesa é ver xuntos os resultados de TEIXEIRO + TEIJEIRO + TEIGEIRO, haberá que procurar *TEI?EIRO; nese caso obteranse os datos correspondentes agrupados no mesmo mapa. Na parte baixa esquerda da pantalla aparecerá a relación dos "Apelidos coincidintes con TEI?EIRO".