GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND051

Galanteo de mozo e moza

>
TítuloGalanteo de mozo e moza
Autor Anónimo
Data orixinaria1750ca
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto
Tipo de fonteManuscrita
LinguaGalego
XéneroPoesía culta
DifusiónTextos semipúblicos
AutonomíaTextos compilados
Manuscript titleOcios poéticos del Illmo. Sr. Dn. Benito Gerónimo Feijoo, benedictino
InstitutionBiblioteca da familia Millán
Locationpp. 274-280

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Curioso Romance en Lengua Gallega, que cuenta el Galanteo, y celos de Mozo, y Moza de aquella Plebe. De dousanos pra esta parte eu non sey, que Deño trago; pois non acouxo con migo, tanto enpê, como deytado: Nin topo cousa â meu gusto, nin cheyro na comida acho; mais que sexan sopas de unto atafagadas no Asado. (Puchero) Pois el no he dor deMadrîo, Paletiña, Resfriado, nein son Bubas, nein quenturas, neimn Me doi Perna, nein brazo; mais estòu de tal maneyra, que xa non como pan branco. E se ai alguèn, que aqui entenda destes maes desdeitados (con perdon de suas mercedes) axolles deprantar ô caso, que os maês, se se cuchuchan, diz que se van abrandando. Un dia, como ora este, alà po lo mes deMayo, cando aquese Alàn deProbres (el sol) fai ô seu viaxe mais largo, alvendando as Nubidades, valendolle â Vida â os campos, cheyrando as frores, è oindo estralouxàr os Paxàros; puxen pes en polvorosa, collin os picos pro santo, que me libròu das quenturas, meu Grorioso san Caoytano! Cando en Deus, è boas horas se deyxa ver un raobaño de rapazas, que estimaran ser tan bonitas (digo algo?) as que están eiqui presentes, que fan, que no me miraron. Por caporal de las viña meu Tio Pedro Lousano, feyto un Deus nos ampare, mais enteyro, que outro tanto. E como entre elas viñese àNetiña de Gonzalo, funme chegando à opè de la, è â querer darlle un abrazo; tendevos, dixo meuPrimo, Ouzo, meu curmàn, despazo. Eu quedey:: xa se ve! vexào calquera! Afrentado. Non vedes un Armentîo, (Buey ô baca) cando se vai alindando hasta preto do Alcacèr, quexà ò estaba desexando, cunhas ganas desavèsas, pra gaspear un vocado, que entonces un Pigorèyro (Pastor) lle un verro tamaño, que queda ô probe do Boi sospenso, è medio trembando? Assi, sin quitar, nin por, estuvemos un bo rato de esta sorte (miña xoya!) cos brazos espatarrados, sin chegarnos un ô outro; è ô bribon de cando en cando cravaba nela os ollos, coma quen diz, eu so Galo; Rabias, entre min decia, quès asàr, è non pingamos? Erevolvendo ô meu Pertego, (Palo) vendome assi enfadado, deille un bo pau à meu gusto, salvo sexa, neste lado. Haxa paz, decian todos, brutigos sede quedados, que se perde â freyguexia; valla à cortesia, Amaro! Agora si, que cai ben aquel conto do Boy manso, que nunha corrida de Touros, se ò pican, â ollos cerrados â hùs lles fura os calzòs, outros os pincha rodando, este quero, aquel non quero, esparcendolle os fargallos, hasta que queda àPraza espoada â ô seu mandado: Estando nesta Devouza euxa feyto un medio diabro, me tiraron da faldrilla da tràs, do meu axustado: è revolvendome eixina, è ô Pertego levantando, vexo, mais non sei que vexo, vexo tràs de min un Anxo, decendo, que me asosegue, sendo ô mandar escusado; pois bastaban ô seus ollos cichando meadas derayos, (madejas) pra abrandar os corazòs dos animaes mais brabos; por que ô meu (malpocadiño!) de seu se estaba abrandando, que diante ela no ai homes, que non sexan seus escrabos. E agora veredes vos de Minga, ô que vou contando; (Nre de la moza) trahe aquesta Mingotiña, (idem) se està de xeyro, ô dia santo, trahe coyfa de Crarin con seus encayxes pranchados, è no medio unha especela de mais de seis dedos de ancho; trahe almilla de Segovia de color azabachado con mangas de Quintanito (paño de estimaon,) è seus corpiños de raso (y cotilla antiqma)(en Galicia) por derriva da Camisa, que par briòs he de lenzo ancho. Traehe tamen seu sabelo (devantàl) por derriva do refayxo; que anque he de Pano estrangeyro, he de ademirable Pano; Trahe Doas deAzabache (quentas)al cuello con relicario dourado, è un nieño en cruz, que pesa (lignum crucis) un carteyròn ben pesado; trahe medias coloradas, è seus zapatiños brancos cunhas fevillas dePrata, que lle deu ô tio Indiano, è moytas cousas con sigo, que non son pagas con cartos; è non llas deu ningun crego, nin tampouco Lecenciado; que, falando chaamente, ai poucas::: (mais val deixàlo.) Evolvendo ô noso conto de Mingòta, en que estavàmos, ten unha cara derisa con un natural dun Anxo è co andar, è co aqueste, parece que vai levando tras si à cantos â miran, demirados do seu garvio. Agora, mirade vos, se as circunstancias son Varro prà un prove, que non ten pe de terra (malpocado!) à atreverselle â expricar seu pensamento deprano. E ò alarviàz de meu primo, como ten seus boys, è carro, è terra de sembradura, ten mais que éu adiantado. Mais jurolle à tal por cal, que ô hei deixar descoyrado: (cecina) Chamizo, Agoyro, Pozoña, (Aguero malo) sucio, Loro, espilfarrado, (cojunda de cuero) querer casar con Mingòta? Mingotiña! Sol rayado! Miña xoya! Miña estrela! Meu feytizo! e meu encanto! Que por ela hei de morrer, se Deus non fai un milagro; pois xa estòu de tal maneira, quexa non como Pan branco.

Adviertese, que el Ydioma Gallego tiene, como todos los demas de el mundo, su propria, y nativa Pronunciacion, que es en extremo dulcissima. Se escribe, y se pronuncia diferentemente, como lo hace el Francès. Es, en sentir de muchos, la lengua de los suevos, que dominaron â Galicia, y Portugal; y quieren algunos, que el Gallego sea el Idioma, ô lengua Dominante, otros, que la Portuguesa; pero qualquia de las dos lenguas, que sea dialecto una de otra; lo cierto es, que se asemejan mucho, se escriven, y pronuncian casi de el mismo modo; y tienen, como la Francesa, muchos diptongos, que se forman de dos silabas para la pronunciacion; pr lo que, non sabiendose pronunciar, unos pies saldràn largos, y otros cortos; y para evitar esta falta, es menester elidir, ô comer muchas sylabas, al pronunciar, ô hacerlas diptongos, âfin de que el pie del verso no redunde. La letra X se debe pronunciar las mas veces blanda, como . , que es lo mismo q ya, sexa, que es lo mismo q sea. eta


Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt