GOND015
Fala o corvo, escoiten todos 
| Título | Fala o corvo, escoiten todos | 
|---|
| Autor | Torrado, Juan Antonio | 
|---|
| Data orixinaria | 1697 | 
|---|
| Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto | 
|---|
				Opcións de visualización
				Texto:    
Mostrar:    
 Anotación:  
				
				Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
				
				
				
			
			
			
    
    
        
            DE DON IVAN ANTONIO TORRADO. 
Gramatico. 
Aunque este Romanze tenia su lugar en el Septi-
mo Assumpto, donde fue premiado, se pone en el Se-
gundo, por la consonancia de la lengua, y su compo-
sicion.
            ROMANZE GALLEGO.
        
    
    
        
            
                FAla o corbo, escoyten todos:
                Eu veño con asas negras 
                Cortando os ventos de longe
                Para chegar à estas festas.
            
            
                Oge Apolo me tornou
                En brancas as negras penas,
                Para cantar como o Cisne
                As grandezas de Fonseca.
            
            
                Cantarei como souper,
                Pois vejo da miña aldea
                Cisnes que parecen corbos;
                Corbos que lles asomellan.
            
            
                Drias do rio ajudame,
                Que o Pegaso è mala vesta,
                E se me acerta dous couces
                En ma dia sò Poeta.
            
                       
                Escollo o Segundo Assunto,
                Según ò Certamen resa,
                Si èl mais lle debe à Cidade,
                Ou Fonseca debe à ela.
            
            
            
                Argomento desta sorte,
                Començo desta maneira:
                O home en si no està sojeito
                Cando nace à sua estrela?
            
            
                Non foi fillo de veziño?
                E sua Nay de aqui non era?
                Ela aqui nono pareu
                En boas pallas con limpeza?
                 
            
                Este lugar non foi berzo
                Na sua idade mais tenra?
                Non lle debeu à crianza,
                Todo ò seu ser, è à sabenza?
            
                    
                Logo ben podo dezer
                Falando coa boca chea,
                Mais lle debe èl à Cidade,
                Que à Cidade ò gran Fonseca.
            
            
                Confesso en canto ò primeiro,
                Ende, nego à consequencia:
                El non librou òs veziños
                De trabucos, è canseiras?
            
            
                Non fijo ja tres Colejos
                Con tantas fayjas bermellas?
                Vn deles para rapazes
                Para incrinalos as letras.
            
                        
                Oubo Caualeyro algun,
                Ou nazeu na faz da terra,
                Que mais honrase òs galegos
                Debayjo dessas Estrelas?
            
           
                    
                Se non fora este Fidalgo,
                Esta Cidade quen era?
                Quitando à Igreje, è ò Santo;
                Fora peor, que Caldelas.
            
            
                Viñeran os Estudiantes?
                Craro està, que non viñeran:
                Que avia de ser dos jastres,
                e tamen das taberneyras?
            
            
                Donde se gasta, è conforme
                Milleyros de carabelas,
                Como cada dia entran
                Por essas portas faxeyras.
            
            
                Estou crendo certamente,
                Se non nacera Fonseca,
                Couberan dandar roubando
                O pan è ò millo nas eyras.
            
                    
                Moitos que foron Doutores,
                Cregos, Famulos Colegas,
                Anduberan po lo monte
                Gardando cabras è obellas.
            
            
                Moitos Letrados passados,
                Que ganaron gran moeda,
                Avian dandar coa liña
                No mar pescando as fanecas.
            
            
                O que tantos feitos fijo
                Està no Ceu de cabeça:
                Buscame outro, como el;
                Ideo fazer à debesa.
            
            
            
                Logo ben probado leuo,
                E ò dirà a miña besta
                Mais debedora è a Cidade
                A Fonseca, que Fonseca.
             
        
    
 
			
			
			
			
			
				| Lenda: | Expanded • Unclear • Deleted• Added • Supplied | 
Descargar xml • Descargar vista actual como txt