GOND014
Eu oín a meus avós
Título | Eu oín a meus avós |
Autor | Pardiñas Villardefrancos, Fabián |
Data orixinaria | 1697 |
Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
A ESTE ASSVMPTO,
cuyo Autor no quiso dar el nombre,
aunque le logra grande en la
Poesia
ROMANCE GALLEGO.
Eu oin à meus Abòs
Cando do Homero falaban,
Que os ingenios como à Fonte
Co seu cacho iban à auga.
E logo lles preguntei
A donde este Homero estava;
Mandaronme à Compostela,
Y as Estrelas ja rayaban.
Achei vnha Fonte Seca,
Señores, quen tal pensara,
Que esta Fonte non correra
Donde sempre o trono raya?
Eu po lo menos oin
Dijera vn home na casa,
O mollado nun ruido
Despois de tronos à auga.
Pero tamen me dijeron
Si o nacer do sol toaba
Cas moitas luces do dia
Todo o raudal istiñaban.
E porque a auga no achei
Senteime à ve lo que passa,
e as Estrelas me fan ver
Co problema que barallan,
Se pregunta quen mais debe
O Siñor FONSECA à Patria:
Ou à Patria à quel FONSECA,
Que por auga luces mana.
O que sei de certo he,
Que si o Campo luz espalla
Estrelas no nacemento
A este home non lle faltan.
E si as Estrelas pubrican
O nacente dos Monarcas,
O que monarquias funda
Teña Estrelas dupricadas.
Si o nacer con vnha Estrela
O recibe à sua Patria,
Bolverlle sinco por vnha
o nacer, he gran ganança.
A Patria he madre dos homes:
Pero si ben se repara
Ay algus homes que son
Con razon Padre da Patria.
Esse me dan à escoller
Destas duas nomeadas:
Mais quijera ter de Pai,
Que ter de Nai alabanza.
E porque tamen oin
En esta Escola afamada
Concurre à Nai padecendo;
E que o Pai actiuo obraua.
Fago agora vn casamento
Do primeiro, relembranza;
Adan dou a costa à Eva,
E Adan, non lle costeu nada.
Tolaje serà meterme
Na Teologia Sagrada;
Pero dei nesta tolaje,
Porque os juezes cai en gracia.
Redimir dis que vnha obra
Mayor aun he que a criança;
Porque esta non supon culpa,
E aquela supon desgracia.
He criar obra do Ceo,
E se ve neste home crara:
Compostela coa sua Estrela
Foi à este home via lactea.
Pero este home agradecido
A boa obra logo paga,
Redimindua dun Seruicio,
Que de Ordinario maltrata.
E tamen à ley abona
Postos os dous nas balanzas,
Que o Fillo à Madre non debe
E esta à aquel, debe a soldada.
Os Doutores en Meiciña
Sobre vn doente berravan,
Que a parte mandante era
A quen mais debia a arca.
Esto achei en Compostela,
E bolvome à miña casa,
A ver si acho o chicolate
Para bordon das cabaças.
Lenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Descargar xml • Descargar vista actual como txt