GOND068
Mingotiña, si está alá 
| Título | Mingotiña, si está alá | 
|---|
| Autor | Cernadas y Castro, Diego Antonio | 
|---|
| Data orixinaria | 1753ca | 
|---|
| Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto | 
|---|
>
| Tipo de fonte | Manuscrita | 
|---|
| Lingua | Galego | 
|---|
| Xénero | Poesía culta | 
|---|
| Difusión | Textos semipúblicos | 
|---|
| Autonomía | Textos compilados | 
|---|
| Institution | Biblioteca particular | 
|---|
| Location | fols. 40v-42r | 
|---|
				Opcións de visualización
				Texto:     
Mostrar:   
 Anotación:  
				
				Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
				
				
				
			
			
			
    
    
        
            
                
Ô Baruto da Criada de Fol peneirando 
                
à Ama dò Crego.
            
        
    
    
        
            
                Mingotiña, si està alà
                nà tua man ô Pandeiro,
                fais de conta, que ôpunteiro,
                è ò fol da gaita està acà:
                à foliada andarà,
                mais con esa girigaita
                non magines, que se gengaita
                ô mundo, que è gran fistol,
                è vè, què te ris do fol
                para donde ronca â Gaita.
            
            
                Mingota mira o que fas
                con este fole, bolante,
                que non selle pon por diante
                canto lle din por detras:
                non che tente satanas,
    
                que un home, que tanto fonde
                èmira si se che esconde,
                que ô non tratalo con Ley,
                e darlle non ollo a ô Rey,
                epor se en contos cò Conde.
            
            
                Mira que é moito home fol,
                esaue mais que ninguen,
                por que os foles, visto ten,
                o que non ten visto o Sol;
                non è menester farol,
                para que no conto dès,
                è non pode, como ves,
                ver por aquestas sinais
                quen ten dous ollos nomais
                tanto, como quen ten tres.
            
            
                Falas como nun Cortello
                è ainda hà de aver un estrozo,
    
                pois sin ver que o fol è mozo,
                dàs nel como nun fol vello:
                ay Mingota eu chè aconsello,
                non fagas con que se atufe,
                librenos Dios de que bufe,
                por que si colle un fumeiro
                en boas mans està ô Pandeiro
                pa. quentarche ô adufe.
            
            
                Eu non sèi, en que te fias
                Mingota? èu non chas arrendo,
                tanto os foles bàs enchendo,
                que has de pagar às maquias:
                non metas con foulerias
                teu amo no trimiñado,
                que ò beras tan enfoulado
                que cantes coma às serenas
                acudi ao Crego nenas
    
                que vai todo enfariñado.
            
            
                Tu ven puderas calar,
                por que si o Demo te tènta,
                hache de dar unha quenta
                que te hà depor apelar:
                sè mò dàs en chamuscar
                elle rebolues âfreima
                hache de acordar â teima
                pois, sinon tes tirixol
                jà viche, que por un Fol,
                no Cauildo hovbo unha queima.
            
        
    
 
			
			
			
			
			
				| Lenda: | Expanded • Unclear • Deleted• Added • Supplied | 
Descargar xml • Descargar vista actual como txt