GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND069_B

Ilustrísimo Cabido (AC)

TítuloIlustrísimo Cabido (AC)
AutorCernadas y Castro, Diego Antonio
Data orixinaria1753ca
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

As Panadeiras da Porta Faxeira regalaron à ama do Crego con unha Cantiga, conpuxeron de repente, unha tarde de foliada, en que pasava por alá moita señoria; è como se sigue. Illustrisimo Cavildo mandarà comprar as crivas, que ò santo Apostol llè deu ò Fol, è mais a fariña. Retornalla â Ama, agradezida co os reditos de esta. Glosa Con canto fay, è ten feito para por â casa en modo ò Cauildo, ainda de con todo non ten un fol deproveito: como lle nòn veyo jeito, por gran lastima llo tildo, è assi a dezirvos me humildo, (è auesme deperdonar) ò fol se de gouernar Illmô. Cauildo. Como eu sòu ama, aunq̄. tonta sei mui ben, o que se pasa è quê perde unha casa, si non ay còs Foles gran conta: ben sei que vos dan afrenta señor, cousas tan cativas, eassi, pois entendo as bribas que alimpalas conven, en compondome ò fol bèn, mandarà comprar as crivas. A quèn tèn ò seu grao mundo, si un Fole llo bòta aperder, serà capaz de ò facer andar cun flol polo mundo: este è un daño moi profundo, con que asi, meu señor, ou! si o fol se desgouernou, atemo su señorìa, ènon perda a regalia que o santo Apostol lle dou. Ensendo os Foles singelos, si adubados bèn nò estan non valen branca de pan, è perdense hasta òs farelos: coide pois de compoñerlos su señoria afee miña, è esso canto mais ajiña, que si remedio lle ainda se aproveitarà ô Fol, è mais à fariña.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt