GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND013

Señores, eu ben quixera

>
TítuloSeñores, eu ben quixera
AutorGuerrero Lasso de la Vega, José
Data orixinaria1697
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto
Tipo de fonteImpresa
LinguaGalego
XéneroPoesía culta
DifusiónTextos públicos
AutonomíaTextos compilados
Editor do volumeIoseph Varela y Vasadre
Título do volume Fiestas Minervales, y aclamacion perpetua de las Musas, à la inmortal memoria de el Ilustrissimo, y Excelentissimo Señor D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo, y de Santiago, por sv escvela, y vniversidad
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
Editorial / ImprentaAntonio Frayz
Data do volume1697
Páxinasp. 46-48

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

DE DON IOSEPH GVERRERO LASSO DE LA Vega, Rector de Villauje. ROMANZE GALLEGO. SEñores eu ben quixera Escriuir, pero non sey Nin o romance galego, Y è natural non saber. Seja o peor, è aprisa, Si por causo prace à , Que han de ser da miña mao As obras diste papel. A cabeça teño mala Dendes antantantier; E rezeo nestas copras Quey de dar algun traspè. Pero valla o que valer, Xesus, Maria, Xose, Empeza xa miña Musa Po lo Cristos Abece. O sigundo Assunto vou No seteno tono, è sey Que si acerto nos trina dos Ei de cantar muito è ben. Vnhas debedas, è dudas Seme propon, para que Desfaga; mais no me obrigo A facer, nin desfacer. A duda è si Don Afonso Debe à Santiago, ou si è què Santiago lle debe, è todo Seique serà vn si è no è. Que me meto nas questios De debedas, cando ay quen Con poucas letras Poeta Querrà dar seu parecer? Con cordanzas de escrituras Eyqui non han de valer, Que en contratos do cariño, Solo o amor pode dar fe. Mais adonde van catorze Pregos, iràn desaseis, Concruiase o preito a proba, E despois eu falarey. He Santiago sua Patria, Que outra non pudera ser: Esto poño por notabre; porque he notabre esta ley. Despois de Deus à Santiago Deue don Afonso a , Canto pode deuer deue Quen mais non pode deuer. Criarono è creceu tanto, Que veu estar par do Rey Don (en tiempo emperatiuo) Fernando, è Doña Sabèl. Anque fundou as Escolas, E fixo Colexos tres, Con outro de Salamanca En elo ay moito que ver. Po las dotazòs, que fixo Quedou obrigado, y è ben Se conoza obrigazon, Pues foi solo por querer. Deixou casas, è facenda, Y o Patrimonio tamèn, E lle dera à vida, mais Fora esso à mais non poder. Do dito pois me parece (Bolvendo à lèr o Cartèl Que à Santiago Don Afonso Non quedou nada à deber. Il deu todo canto tuvo, E eu pido, que me den Se algo merezo por mal, Que llo tomarey por bèn. Pois il deu mais, que lle deron, Debe Santiago. Con que Iste è ò fallo, è serà Por sempre xamais amen. Assi señores, eu teña Fruito da orazon, por que Si anda o Romance as vinte, Sinal è que ten bos pès.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt