GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND010

Mandan que se han de compor

TítuloMandan que se han de compor
AutorCorrea Mendoza y Sotomayor, Juan
Data orixinaria1697
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

DE DON IVAN CORREA MENDOZA Y Sotomayor. ROMANZE GALLEGO Mandan, que se han de compòr Vinte copras de pergenio, E diz que estas vinte copras Han de ser todas en verso. E esto de escrivir por contas He dezernos, que rezemos; Ou despensar en que sejan As nosas copras de cego. Pero ten enficultade, E non entendo este rezo, Que he de vinte, è o Rosario Solo ten quinze mesterios. O Domine labia mea Seràn os cinco premeyros; Logo despois na medalla Entrarà o ofrecimento. Ora ei lo bay meus fidalgos Os prolojos encurtemos, Que se o exordio for comprido Diràn que he de compremento. O caso està en falar Ben da quel gran Cavaleyro Duas vezes Arcibispo De Santiago, è de Toledo. E se esta Cidad viue Obrigada ò seu respeyto, Ou so seu respeyto foi Obrigado ao nacimento. E o assumpto do Certamen Eu digo, que jal de menos Todos os de este destreyto Muyta obrigaçon lle temos. Porque ainda que non fora Mais que fundar os Colejos, Que nos alegran ò corpo Co a fayja de bermello. He co as caras de risa Alegres, è pracenteyros Todos moziños, è como Vn parafuso dereytos, Donde coma dun alcoube Trasprantados no Consello Dan froitos de bendiçon, E todos son froitos certos. Pois nas Igrejas, seria Contar estrelas no Ceyo De tantos Conigitates Cantos po lo mundo vemos. Que se pode ben dezer, Que no ay no descuberto Das palestras de Minerva Outro mellor Pegureyro. E tamèn que à sua terra Lle foy ingrata è ben certo, Ca se fora agradecida Fora mais, ou fora menos. Se fora na antiguidade Oin dezer os mais vellos Lle leuantaran Estatuas, Lle erigiran Masoleos. Por Apolo en sabidencia Mellor co que ò Rey Admeto Alà po los campos de Elis Gardou cabras, è carneyros. Porque librou sua res Decote po los outeyros Dos montes Compostelanos Do trifauce Can Cerbeyro. Este vos digo eu que foi Pastor ben feyto, è dereyto, Que traìa seu cajado, Tamen visteu seu Capelo. Libertounos de trabucos, Dalcauelas, è de peytos, Porque lle damos rendidos Os corazons en obsequio. Se coa mesma vontade, Que eu fago este rendimento, Me ofrecen ò chicolate Me darey por satisfeyto.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt