GOND019
Verdusido, Verdusido
Título | Verdusido, Verdusido |
Autor | Cernadas y Castro, Diego Antonio |
Fecha originaria | 1772ca |
Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
Opciones de visualización
Texto:
Mostrar:
Etiquetas:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
En elogio del Ilustrísimo señor Garrido,
Obispo de Córdoba, natural del Lugar de
Berdusido en el Reyno de Galicia.
Copla gallega vulgar de las què en aquel idioma
se llaman cantigas.
Berdusido, Berdusido,
con todos teus arredores,
non te chames Berdusido,
chamate xardin de frores.
GLOSA.
Berdusido, anque un lugar
fuche sempre de proveito,
hoxe con mellor dereito
te podes d’eso alabar:
moito che ten, que envexar
as terras de este partido,
pois un fillo teu querido
un ser tan novo che dá,
que non parece, que é xá
Berdusido, Berdusido.
¿Canto outras terras, que vés,
que dan bó trigo, é bó millo,
darian por tér un fillo,
Garrido, como ti tés?
excusas mais corrachés,
é xoéles, para póres,
raya entre as terras mellores,
porque ningunhá acharás
tan guapa, coma hoxe estás,
con todos teus arredores.
Tendo pois, por fillo un home
de tan gran merecemento,
ó seu nobre nacemento
basta para darche nome:
xá ninguen ná boca tome,
que non és moi conecido
lugar, pois si ó teu Garrido
fruxe do teu terrón é,
non hay razon para qué
non te chames Berdusido.
Eu vexo, que ese siñor
é das vertús un tesouro,
é Garrido, como un ouro,
é de Galicia unha fror:
ténlle ós probes moito amor,
é moi sabio entre os Doutores,
é un Bispo dos mellores;
é pois no terruño teu
tal ramallete nacéu
chamate xardin de frores.
Leyenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Descargar XML • Descargar selección actual como TXT