GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND075_A

Eu non pensei, meu Farruco

>
TítuloEu non pensei, meu Farruco
AutorCernadas y Castro, Diego Antonio
Fecha originaria1775a
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto
Tipo de fuenteManuscrita
LenguaGalego
GéneroPoesía culta
DifusiónTextos semipúblicos
AutonomíaTextos compilados
Manuscript titleDécimas y Romances
Institution Biblioteca Xeral, Universidade de Santiago de Compostela
Manuscript identifierms. 631
Locationfols 18r-19r (vol. II)

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Estando enfermo el Autor segunda vez dela Garganta, escrivio los Dias desu Santo al Sr Dn Andres de Gondar por medio de un paje suio.

Decimas

Eu non pensei, meu Farruco, polo que bos xa sabes, chegar a este Sn Andres, nin oir mais outro cuco: cobrar, quixo o seu trabuco de min coas suas gadañas a morte, mais aunque estrañas boltas medou polas gorxas, gardeime das malas mañas, saquei os pes dàs alforxas. Nas suas estramonias, quixen ò corpo furtarlle, por non morrerme sin darlle, ào meu Patron os seus días: entre as miñas agonias aunque chorava os meus danos, decia entre desengaños mais que eu morra, pois queres, señor, pero ao meu Andres gardaimo por moitos anos. Gardaimo de adulazons dos que obran polos seus fins, gardaimo de mas latins e peores cicerons: que nin lleban ninlleben, e pois para facer ben el ten tanta caridade gardemo de infirmidade, ede todo mal amen. Esto pois que o meu amor no meu peito rebolvia si estonzes beno decia aora o digo mellor: decimelle ao meu señor, queos seus dias festexados sin ansias, esin cuidados goze como eu para min ápetezo, ou como din que a moitos, e millorados. Dixerallo de outro modo, mal pocado, mal preveño que dandolle canto teño ainda assi dou a Dios todo: eu dígollo como podo en ese pobre dibuxo enque a Virxen lle propuxo o meu novo pensamento que mo garde moi contento e saniño, como un buxo.

Leyenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar XMLDescargar selección actual como TXT