GOND054
Romance da urca de Santo Antón
Título | Romance da urca de Santo Antón |
Autor | Anónimo |
Fecha originaria | 1777 |
Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
>
Tipo de fuente | Manuscrita |
Lengua | Galego |
Género | Poesía culta |
Difusión | Textos semipúblicos |
Autonomía | Textos autónomos |
Opciones de visualización
Texto:
Mostrar:
Etiquetas:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Amigo da miñha alma
polo moito que te istimo
heyche de contar un conto
que chá de dar justo ohílo:
ê com'-estamos tan lex̃sos
que nompódo estar con tigo,
nin dicircho cara á cara,
màndocho así por escrito,
é perdona á confianza
que che fale en este istilo,
que como tí ben conoces
que són Jallejo castizo
ó falarche en Castillano
sería un gran desatino:
Unha vez quix̃sen probar
é mais foy con tanto tino
que por Pepa dix̃sen Piepa
é isto tan escutelido
que dey un pouco que rír
deix̃sandome á min corrido;
desde estonce fix̃sen voto
de, anque estea no martirio,
non falar unha palabra
que non sea en Jallegiño.
Por acó conozo muoytos
que queren facer ó mismo,
éfán un misto de lenjuas
que causa gran risa ohílos;
in fin, bamos ô meu conto
qui hé moy terno, é compasibo.
Aló polo mes de Mayo
saleu da Habana a'-ste sitio
á Urca de San Antón* * Urca es mas grande, q̄ fragata de Guerra
pa. carga de pertrechos, tropa &c. lleva cañones
qu'-asi hé ó seu apillido;
quen era ó seu capitan
por ahora non cho digo,
por que lógo cho dirèy
in vindo-ó caso decílo:
nómbeareyche ó capellan
por ser filho dé veciñoho,
chàmanchelle D. José
fameliar do santo oficio,
heche un jran sacerdote
pró para ó mar temído,
tanto que neste viax̃se
non pensaba chejar vivo.
Ó Piloto x̃sa se sabe,
tamen filho de viciño
un home de pelo en peito
que cospe polo colmillo,
iste fála en castillano
por que llo requer ó oficio,
é fàgoche esta advertencia
para que esteas savído
que en falando en castillano
fal'-ó Piloto que digo.
Bolbamos ô noso conto:
vindo pois polo caminho
lebantous'-un pouco mar
que xs̄a adoyto de contíno;
pero non sería tanto
como quix̃seron decilo
qu'-aveces moy poucas noces
mèten un jrande roído:
in fin, fose como fose,
qu'-ô medo hé un jran vicho,
senon diga'-ô-capellan
qu’-ese hé ó milhor testijo,
que como en sana salude
x̃sá ten cara de aflixsido,
vendo qu’-ô mar non cezaba
estaba tan compunxsido
que paricia ó retrato
d’-un serafico Francisco:
Tod’-era subir arriba
rezando salves é hinnos
é chejabase ó Piloto
é dicialle: Pepiño,
¿que che parece de min?
¿Chejariey ó Ferrol vivo
á ver âs minhas irmás
qu’-é cousa que mais istimo?
¡Dios mio! Sé désta escapo
anque sepa andar pidindo
hey de pertender non ser
mais Capellan de Navío;
quedareyme no Ferrol,
por que con catro enterriños
é Misa todo-los días
paso com’-hun Arzoebispo;
ó demais heche tolax̃se
andar por estos camiñhos
peleando contr’-ô vento,
qu’-hun médo me ten mitido
qu’-ainda’-en terra lhey de ter
med’-ô vento que rispiro.
O Piloto que x̃sa habia
un pouco qu’-estaba ohindo
dixsolhe por animalo
Callese V. padre mio
que no quiere decir nada
que mucho mas hé corrido;
y aquestos golpes de mar
todo es polbo del camino.
Si viera V. una ocasion
ó viniera V. con migo
yendo yó para la Habana
poco mas que en este sitio
se lebantó una borrasca
y un tan recio torbellino
que nos hechó á parar
poco menos que al Abismo:
andubimos en el agua
treinta dias sumergidos,
sin vernos unos á otros;
este sí que fué peligro.
Cappn. ¿é encendiades ó fogòn?
Pil. Todo se comia frio.
Capp. ¡Dios mio! x̃sá estou tembrando
non soceda ahora ô mesmo.
¿donde fostes á parár?
Pil. Este es el mayor prodigio
que sin morirnos un hombre
por ir todos escondidos,
fuimos al cabo á salir
á un sitio desconocido;
que no sé como se llama;
pero despues con mi arbitrio
pude encontrar la derrota
y salimos del peligro
Capp. ¡Vallame Dios que mentiras
é que chéa de embolismos
me meteo este hom’-aquí!
mais hé menester sufrilos,
porqu’-está feyto un Narón
y así nonlhe contradíjo,
por que me meterá mais,
é como son tan crehído
entrarame unha aprension
que me quitar’-ô sentido;
é in isto un jolpe de mar
beu é saltou ó portillo,
é colheunos discuidados
é molhounos. ¡santo cristo!
dixs̄o ó capellan entonces:
est’-é ô dia do x̃suicio;
boume d-’âquí para baixs̄o,
bou facer hun ecsorcismo:
meteuse na Sta Barbora,
foy remex̃ser ós seus libros
é buscar ó manual
para informarse dos ritos,
é tamén das ceremonias
que pide este requisito;
é como no no encontrou
quedouse alí pensatibo,
nisto outro golpe de mar
beu, é deu á popa un bico,
arrancou non sey que tablas,
é aqui foy ó halarido
(perdona unha dijresion
que che bou fager amijo,
solo por facerche ver
ó que pasa n-hun Navío)
Cando hay algunha tormenta,
primeiro tocan ó pito,
lojo sal-ó capitan
botando hun voto á Cristo,
có ó jorro sobr’-os olhos
é na boca un cijarrinho,
se ó colhe discuidado
qu’-á caso estaba dormindo,
sáy có-á-camisa de fora
que non jastan calzoncillos,
tran unha bata moy lonja
que lhes cheja ôs tubilhos,
conque con ista fijura
parece un Caifas ó vivo:
por dicir señor Piloto,
como ven medio dormindo,
dicelhe: Seor Pilato,
¿Qué es iesto, que há soucedido?
señor, le dice, no es nada,
no hay miedo (savelo cristo).
¿Acia donde bá la próa?
lhe perjunta; é aturdido
respondelhe un quid pro quô,
que na ocasion val ó mismo:
nesto ven ó contra-mestre
cunha cara de xs̄udio
có-ó-seu jorro na caveza,
posto na centura ó pito,
é se non ven, logjo ó chaman,
que tamen é do concilio;
dicenlhe: nostramo Pedro,
¿los masteleieros ban figos?
¿está esa GJarcia fuerte?
¿hay aljun palo rendido?
Non lo sé Sor boy ver;
é ien pouco mais de dous brincos
dende popa bay á próa,
é sè atopa no camiñho
aljun pobre mariñheyro
an que seya seu amijo
cimbralhe'-unha bofetada
com'-a a que deron á Cristo,
é dempois que lha ten dada
dilhe: aparta cochino:
Qued'-a ó pobre marinheyro
botando tantos bofidos::::
él nin queda por ladron
nin queda por Malco indino,
maldicelhe ôs sacramentos
comezando có-ó-bautismo;
non coydes qu’-è este solo
qué a todos lhes fay ó mismo:
nisto jrita ó capitan
se ó medo lhe dá arbitrio
que tamen entra co'-eles
como cô-noso veciñoho
Capn.) Aferren la mayor, dice,
pues que estamos en pelijro:
Aqui entr’-á vocería,
aquí ó tocar dos pítos,
aquí ô botàr maldiciós,
aquí ós votos à Cristo;
porque nestas ocasiôs
disque ó x̃surar nè delito:
¿Faste carjo de tod'-o isto?
Hayche mais qu'-ainda omito,
que por non serche pesado
non cho poñho por escrito;
pero esto pouco qu’-oyes
dào ti por socedido
na Urca de San Anton,
que foy d'-arribada á Vijo:
mira nesta confusion
como estaria ó pobriñho
d'-aquel Padre Capellan
que deix̃samos pensatibo,
sudando, orando é rezando,
estaba pidindo á Cristo,
dicindo pase Señor
de mi este Caliz sagrado;
anque por vevelo eu
me chegen á ver Obispo.
No meydio de esta afliccion
non achou nengun alibio,
com’-ô bento continuaba
é repitian os gritos
dos mariñheyros qu'-estaban
feitos únhos basiliscos,
acordouse neste punto
da Madre dos aflixs̄idos,
vendose en tanta delor
dixs̄o - os Dolores m'-e arrimo,
fixs̄o unha deprecacion
á Virx̃sen con tantos mimos
que sintieu no corazon
unha migiña de alibio;
foyse dempois tranquilando,
de todo nunc'-a ô estibo
nin-ô estará x̃samais
hasta' ó
dia do x̃suizo;
pois que foy tal ó tierror
que concibeu neste aflicto
que cando se bay labar
hestra-àuga lhe dá grimo.
Dicialhe il á Uirxsen:
Miña madre de aflixs̄idos
quix̄sera, chigejand'-â terra
facerbos con jrand'-aliño
unha soleme funcion,
mais isto costa os cartiños,
y-eu non estoy prà jastos,
direylho-ó meu viciño
Ijlesias, que com'-o el queira
ambos iremos pidindo
á toda-tripulacion,
que diste modo confio
que nos sobrará diñeyro
si todos dan seu pouquiño,
ô que non quix̃sere dar
botareilhe un sermonciño,
con que ó farey chorar,
ó mesmo qu’-un rapazíño;
diste modo quedo franco
sin jastar do meu bulsillo:
iste hé un jran pensamento,
boume correndo á decilo.
Foyse pois determinando
á salir do seu boguío
é á subir as escaleyras
piarou facendo peniscos,
porqu'-ainda á embarcacion
iba pejand'-óseus brincos;
non parou hast'-a atoldilha
á buscar ó seu amijo,
é dix̃solhe ¿qué hay Igjresias
Piloto- Vien venido padre mio:
V. viene medio muerto
Capp. ¿Il é ó caso prá menos?
Pil. Pues aprender buen oficio
Cap. Teñoche que consultar:
tragoche un voto ofrecido
de facer unha funcion
á Madre dos aflixs̄idos
así que cheg’-ó Ferrol:
non sey si podrey cumprilo
Pil. ¿Tiene V. mucho dinero?
Capp. ¿Que diñeyro nen que Cristo?
Teñoche unha estrataxs̄ema
feita, que si á consijo
n'-hábemos de jastar nada
é habemos quedar lucidos.
Pil. No sé como puede ser,
no sea algun desatino.
Capp. Tí moy pouco saves diso,
mira, vente ti co-mijo
pidamoslh’-ó capitan
que non dudo consigilo
qu’-é home de rompe é rax̃sa
é il por querer lucilo
hé capáz nesta ocasion
de franquearnos ó bolsillo:
pidimos-os-oficiás
que tamen farán ó mismo
é dempois os mariñeyros
iremos consecutibos:
así nos contentaremos
anque seya cun cartiño
cada hun, que moytos poucos
iran facendo hun moytiño.
Pil. La traza no há sido mala,
yó no deshago partido.
Deronse pois tanta maña
ó Piloto é ó cregiño
que conforme ó pensaron
así mesmo ó consigiron:
aqui os dous o consultaron,
xs̄a se save, era preciso
conforme había de ser
á infuncion no Ferroliño.
ó primeiro na parroquia;
por ser hun bó edificio,
dempois á Misa cantada
no Altar do Santo Cristo,
qu’-ó Altar mayor aínda
non podrá estar concluhido:
logo habemos de poñer:::::
Pil- Aguarde V. padre mio:
¿y en esto de sacerdotes
que asistan á la funcion?
Capp- Hom'-e eü prá ista infuncion
poucos crejos naezasito,
en x̃suntandose no coro
Maestre Freyre é ó seü filho,
hèu, ó filho de X̃san Gomez,* D. José Gomez, Sacerdte. q.e.p.d.
é mais Nicolás Cordido,
cantaremos unha Misa
que poucos à habrán ohído:
poñeremos ó Señor
manifiesto (esto hé preciso),
é en acabando á Misa
reserbar decontadiño:
ó demais jastar á cera
será hun jran desatino
Pil- ¿Ha de haber musica, Padre?
Capp- Bó: en chamando eu á Sisto
Arostigui é mais á outros
oficiás dos conocidos
temosche musica á bondo
é forramosche os cartiños.
Pil- Pues en esto de Sermon
yó iré á Sn. Francisco
y al predicador de tabla
que es un Fraile chiquitico
selo recomendaré
(con su parecer, amigo.);
Dicen que es buen orador
y nos dejará lucidos
Capp- Home tí sey que estas louco
ou sey que perdiche'ó tino;
eu para iste sermon
¿habia d'-ir á Sn. Francisco?
nin tampouc’-á Montefaro
nin áos Alcantariños?
Predicador, com’-eu sey
non hay por estes partidos
anqu'-ó busques nos Bernardos
ou entre'os monxs̄es Benitos
anque diga os Carmelitas
nin entr'-os Capuchinos.
Ti conoces á Suarez
que foy noso condicipalo
nascola, un jrande estudiante?
(Heche un mozo moy lucido)
¿O fillo de Pepe Suarez
aquel que vive en Canido?
Saves qu'-hé un jran Bachilher
é istubo sostituíndo
unha Catedra en Santiajo
y-agora esta en Beneficio?
Pois ese há de predicar
y há de deix̃sar aturdidos
á cantos hay no Ferról
que moy pouco teñen visto;
é si traye á Sotana
conque sempre'anda rux̃sindo
porque hé de seda, é parece
hun pax̃se dun Arzebispo...
Pil. Si es asi yó me contento
y-delo demas me río.
En estas idas é boltas
foron entrando por Vijo
é ó qu'-alí socedeu
non cho poderey dicilo;
hasta qu'-entraron aquí,
que lojo deron principio
á facer á sua festa,
que che foy por este istilo:
en permeiro foyche Igresias
dar có-él ó Beneficio
deronse catro abraziños
qu'-ehé natural entre amijos
pois x̃sâ habia muyto tempo
qu'-os dous non se habian visto,
lhè encargaria ó sarmon
qu'-á eso iba dirix̃sido,
contarialhe os pasax̃ses
é tormentas qu'-habian tido,
é como isto de palabra
sempre pasa polo olvido
pideo lhe dese ó diario
para estar mais adevertido;
é de resultas de isto
botarian un tragiño,
qu’-os curas beneficiados
sempre teñen hun bó viño:
haybos certas malas lenjuas
qu'-andan no Ferrol dicindo
que cando fixs̄o o sermon
que ó fora dirixsindo
aquel filho de X̃San Gomez
que che lebo referido;
mais eu amijo non creyo;
qu'-anqu'-hé estudiantiño
para isto de Sarmós
há menester ser sabído:
en fin D. Anxs̄el Suarez
saleoü do seu beneficio,
é beuse pro-ó Ferrol
tres dias antes Domingo;
hibase todas as noytes
có ó outro seu amijo,
metianse na parroquia,
é quedandose soliños;
cerrabanse por adentro,
subiase ó Pulpitiño,
desde ali daba unhas voces,
que se aturdía á si mismo:
interin qu'-así berraba
andab'-aquel seu amijo
xs̄a nunha parte xs̄a noutra
xs̄a frente do Sto Cristo
xs̄a detrás d'-unha colüa;
por si pudia ser ohído
ou se perdia aljun jrito.
de resultas de esta proba
quedou tan sofocadiño,
que botou polos fuciños
de sangre mais d’-hun cuartillo.
O dia de Sn. Lourenzo
qu'-est'-ano cadro'-en dominjo
áló por redor das dez
á festa deu seo principio:
empezaron á tocar
acordes os musiquiños
é empezaron á cantar
os do coro á hun tempo mismo.
Freyre facía de baix̃so,
de tiple facia-ó filho,.
é dempois de contra-alto
iba Nicolás Curdido;
de Tenor facia Franco
qu'-á veces daba us chilhidos
qu'-ô botaba á perder todo,
senon fora pelo filho
de XS̄an Gomez, qu'-o enmendaba
é cáse facia, ó mismo:
en fin non cantaban mal,
anqu'-eu non fun ohílos,
tampouco ohín ó sermon;
pero contoume un amijo
todo canto zocedeu
é che lebo referido.
Asistiron á funcion
ó XS̄eneral qu'-hé amijo
da casa, é iste libóu
á os oficiás con sigo:
Asístèo ó Gobernador
con todos os seos blanquilhos,
dempois tamen ó Intendente
lhe foy facer ó comprido;
dempois os do Ministerio
tamen fixs̄eron ó mismo;
asistiron as Señoras
as de tintin é abanico,
as de hábito do Carmen,
as Señoras do pouquiño,
é as de media tixs̄eira
é tamen as de trapiño,
todos estes convidados
foron polo consavido
Señor cura de Sillobre
con recados pohiticos,
ádemais X̃sente do Pueblo
que x̃sà leran os edictos
qu'-habia polas esquinas
de que predicaba un filho
do Ferrol, todos estaban
renegando por ohílo:
empezouse á celebrar
de esta Misa ó Sacrificio
é chejando ó evanxs̄elio
lojo viron de improviso
que ó señor Abade estaba
xs̄á no pulpito metido
có-á sotana de seda
á pelhiz de cambray fino
aplanchada é aliñada
que parecia un armiño,
é con hun pucho na más
qu'-hé necesario ó aliño
é dempois arrodilhouse
para botar ó bendito;
lojo coljou ó bonete
d'-hun crabo ou garabatiño,
é persignouse en latin,
que foy un gran desatino
non prosegir ó Sermon
en latin; por que imax̃sino,
que os mais qu'-estaban dentro
cas'-entenderon ó mismo,
qu'-ahora os seus paisanos
por non saver ó qu'-hé bó
lhan de romper ó vistido;
cruzou os brazos, cerrou os olhos,
murmuñou, non sey que dix̃so,
en esta ocasion estaban
todos colgados d’-hun fio,
cando isto me contaron
acordeime d'-hun libriño,
que lín, en donde hachey
para este caso hun contiño:
alá en certa ocasion
daba un monte grandes gritos
porque queria parir
é tiña ô mundo aturdído
pensando que rebentase
ou pegase un estalhído
ou abríse unha bocaza
é dela salise un rio
qu'-anejase tod'-o mundo
é nos deixsase sumerx̃sidos;
chejóu ó dia do parto
éparíu hun ratonciño;
con qu'-amijo, sei me entendes
atí este conto che aprico;
por que sejun me contaron
aquí socedeo ó mesmo;
cando todos esperaban
que botase o sermon a gritos
como cando se ensayaba,
il falaba tan pasiño
qu'-algunos coidaban qu'-as falas
iban pola porta fux̃sindo,
á cual cerraron entonces,
pero despois foy ó mismo;
de sorte qu'-aljunos qu'ohiron,
cando pejaba alguns gritos,
entrabalhes pola boca,
pero non polos ohidos:
esto sí que me contaron
que fora facendo un misto
de encontro, de sintimentos,
de colüa, crucifix̃o,
bofetadas, desenclabo,
bolbiase á barca ou barquillo;
x̃a falaba de borrascas
bolbias’-á ó Crucifix̃o
desorte qu'-el enclaboü
unhas tres veces á Cristo:
él salía do Calbario
é iba d'-arribada á Vigo,
falaba do Capitan
qu'-hé teniente de Navío.
é poñiase á chorar
com'-hun neno pequeniño:
estonces os qu'-ó ohían
dicían que estaba rindo
do gozo é de contento
de ver oben que o fix̃o:
duróu com'-hora è media
pero anque durara un siglo
sin comer é sen vever
se podía estarlhe ohíndo,
anqu’-hay aljuns que n’-entenden
óutros mais contentadizos
que porqu'-estubo algo largo
diz qu'- lhes causou fastidio,
ó demais n'-estibo malo,
se os qu'-ohiron n'-entenderon
il non tibo culpa amijo
qu'-ó sarmon era prà outra
poblacion mais distinguida;
dentro d'-hunha Catedrál
diante todo hun cavíldo
porqu'-este pueblo hast'-ahora
está moy mal estruhído.
Eu ohín á duas vellas
en Sn Roque, que lhe dix̃o
unha-á outra ¿qu'-hay fulana?
¿ohíche ó sarmon domingo?
¿que che pareceo de èl?
saves qu'-andan dicindo
dix̃olhe á outra ¡ay amija!
así cheme axude Cristo
que che me fix̃o chorar
é votar catro moquiños,
é cada vez que m'-acordo
anda me socede ó mismo;
anque hay algjuns ignorantes
dos que che foron a ohílo
que non lhes pareceo ben
que se pux̃era no sitio
il anda che meu parente
é mais seique hé teu primo.
X̃a se save, dix̃o á outra
qu’-o abó dél era meu tio;
seu abó era meu abó.
Pois mira se hé teu parente:
é así amija do sarmon
non che podo decir fixo,
huns din ben, outros din mal
quen lhes tomara ó tino,
janou oito pesos duros
é il salíu d'-alí rindo,
lojo se foi á Mujardos
donde quedou moy lucido
porqu'-alí hay outra xente
que non hay no Ferroliño.
Foy pedricar de Sn Roque
y-antes tomou dous caldiños
que non sería tan mal
sé en Ferrol fixera ó mismo:
esto hé ó que pasou
que chemo contou un amijo
que tamen déu prá á festa
cando arribaron á Vijo,
dín que há de predicar
de Sn X̃ulián ó martirio,
moy pouco tempo lle dan
prá rexistrar os seus libros:
Infin do que socedere
se hé qu'-os dous andan x̃untos
eu cho participarey:
entretanto Adios amigo.
Conocìlos à todos, y se percibiria mejor, si yo le leyese: omnes
in pace requiescant. Amen.
Leyenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Descargar XML • Descargar selección actual como TXT