GOND012 Apolo sexa conmigo
Título Apolo sexa conmigo
Autor Vallo de Porras, Bernardo
Fecha originaria 1697
Edición Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto >
Tipo de fuente Impresa
Lengua Galego
Género Poesía culta
Difusión Textos públicos
Autonomía Textos compilados
Editor del volumen Ioseph Varela y Vasadre
Título del volumen
Fiestas Minervales, y aclamacion perpetua de las Musas, à la inmortal memoria de el Ilustrissimo, y Excelentissimo Señor D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo, y de Santiago, por sv escvela, y vniversidad
Lugar de publicaci Santiago de Compostela
Editorial / Imprenta Antonio Frayz
Fecha del volumen 1697
Páginas p. 43-45
Opciones de visualización
Texto: Transcripción Variante Normalización
Mostrar: Colores Formato original <pb> <lb> Imágenes
Etiquetas: Clase morfosintáctica Lema
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
DE DON BERNARDO VALLO DE PORRAS .
ROMANCE GALLEGO .
APolo seja conmigo
Neste caso do Certamen ,
Porque en groria de Fonseca
Botar poda ò pe diante .
O caso , que aqui se pon
E si està Fonseca ò Grande
Mais à Cidade obrigado ,
Ou lle està mais à Cidade .
Ela ten moito dereito ,
Que pode sua Nay chamarse ,
Pois de todos seus Abòs
nela tèn à tronquidade .
Nela foy seu nacemento ,
Do que el ben pode entonarse ,
Porque nacer na boa terra
E dita para estimarse .
Pois todos din que na mà
Fruto bò non pode darse ,
Moito ben se debe logo
A terra donde se nace .
Logo si Fillo Fonseca
Debe desta nomearse ,
Como Fillo està obrigado :
E mais non pudo obrigarse .
E verda que foi seu Fillo ,
Mais tamen è gran verdade ,
Que non tuvo à terra Pay
De quen mellor se amparase .
Seu Fillo foi moi sabido ,
Dò que ela debe groriarse ,
Porque vn Fillo gran Doutor
E sempre à groria do Padre .
El ò serviço ordinario
Alcançou que non se pague
En que non librou ò Pobo
De pouca cautiuidade .
Por esto ben mereceu ,
Que redemptor lle chamassen ,
Que quen libra de serviço ,
Ven à dar à libertade .
Mais à millor da suas obras
Foi esta Vniversidade ,
Para que estudiando os homes ,
Fosen homes , non salvajes .
Esto è craro , pois se vè ,
como fala quen non sabe ,
E que ninguen sin estudio
Fala con autoridade .
Cos estudios que fundou
Moitos saìron , è sayen
Por Arçobispos , è Obispos ,
E moitos mais por Abades .
E si os Estudios aqui
Non chegaran a fundarse ,
Non tuveran os Galegos
No saber tanta ventaje .
Que alumea entendementos
Se pode dezer en parte ,
Pois còs Estudios que pujo
Nos libra de escuridades .
De mais desto aqui fundou
Casas para Colejales ,
Deixando bastante renta ,
para que à estudiar non falten .
De todo ò Reyno entran nelas ,
Que todos queren honrarse ,
Porque dán as Vecas honra
Anque seja à nobre sangre .
Outras cousas moitas fijo ,
Que nõ digo , anque son grãdes ,
Porque as que digo , sòmente
Obrigan mais que ò bastante .
As que dixen son tan boas ,
Que non poden mellorarse ,
E por mercede as conocen
Non sò esta , as mais Cidades .
Nesta por mais obrigada
Sempre alabanzas lle canten ,
Anque non ò alaban todo
Anque mais è mais ò alaben .
Leyenda:
Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied
Descargar XML • Descargar selección actual como TXT