GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND058

Pranto pola morte de Luís I de España

>
TitlePranto pola morte de Luís I de España
AuthorLosada, Luis de
Creation date1724
EditionÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto
Source typeImpresa
LanguageGalego
Text typePoesía culta
CirculationTextos públicos
AutonomyTextos compilados

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

ENDECHAS.

CHoren os meus dous ollos (Mal fadado de min!) Choren mais auga quente, Que fria ò Miño, è Sil, Ceo ò dòce orballo Non molle ò meu confin, Pois ja crùo dôr gèa Meu folgar, ê meu rir. Pò la mañà ben cedo O nosso Rey Don Luis, Mais ledo, mais garrido, Qu'ò cravel, è ò jazmin: Tan lindo, tan benfeito Que posto cabe d'il, Adonis ê un probiño, Narciso vn aprendiz: De froles ê ninguen O mais galàn Pensil, Nimigalla d'aromas O Hyblèo Jardin. Il foy Lis volta en rosa, Ou ben rojo alhelì, Foy colorada neve, Ou nevado carmin. Foy maravilla muita, Que soubesse vivir Vnha alma tan christiana Nunh corpo tan gentil. Rey, cuio pouco tempo Foy tempo tan feliz, Que reynou, fago conta, Oyto meses d'Abril. Ista pois Frol morte Logo que à vin ferir A negra fouce, negras As miñas fadas vin. Non mais Abril, nin Mayo Os Sinos faran vir: Serà d'eiqui por diante Vnh Inverno sin fin. Uotai me à maos ben cheas Rojos Lirios: qu'assi, Crendo, qu'ò Rey Luis torna, O Inverno irà à fugir. Mais leyra Ceo Prendeu à frol de Lys, E ò seu eido lle deixan Estrelas Zafir.

Legenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Download XMLDownload current view as TXT