GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND008

Xa que nos puxo o certamen

TitleXa que nos puxo o certamen
Authordel Río y Otero, Juan
Creation date1697
EditionÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

DEL Br DON IOAN DEL RIO Y OTERO ROMANCE GALLEGO JA que nos pujo ò certamen A porfia, ou ò Probrema Na nosa lingua esquecida Nomais, que por ser galega. Ledo agora hasta nomais, Porque lle coupese à ela No Ceu daquel gran Escudo Tansiquer ò ter Estrela. Direi ò meu parecer, Darei à miña sentenza. Porque me fai Leterado O que me fijo Poeta. A essa cabeça do mundo Moito debeu Iulio Cesar Bos pais, è grandes amigos, Moito amor, moita riqueza. E Roma, que lle debeu O grande Iulio ò facela De Cidade libre escraua, E de siñora, sojeita. Os seus nobres moradores, Fijoos gemer demaneira, Que escollian mortes suas Por non ver mortes alleas. Desdo ò Thamassis frolido, O Nilo das grandes cheas Fijo, que todos soupesen, Que el ò seu siñor era. Trouguen esta comparanza; Porque todo ò mundo veja, No que foron ò que vay Do gran Iulio ò gran Fonseca. Moito debeu Don Afonso A este chan de Compostela, Riquezas, moitos amigos, E moitissima nobreza. Esto todo do Arçobispo Decer moi ben se pudera Cael non lle faltaria Anque en Monte-Rey nacera. Mais ja esto non se pede, E pois cà tras dito queda, O que debe Don Afonso Direi ò que à Afonso deban. Debeslle tanto à este Fillo Amada terra, que deixa O teu agradecemento Cayse que non se coñeza. Fijoche libre de escrava, Tamen siñora as dereytas: Pois sabes ben co entendido Sempre à todos siñorea. Todos os teus moradores De calquer estado sejan, Viuen contentos, è libres De trabucos, è gabelas. Que garrida, que che fijo Con casas grandes ben feytas, Bastaualle essa por moytas, Essa que ten as cadeas. Cadeas ben nomeadas As de ferro, non aquelas Semellantes as da Alcides Douro fino en tantas letras. Que de bolras non se vèn Honrar tan boas cabeças, Porque mereces, que todos Che chamen segunda Athenas. Por el ò teu nome à fama Po lo mundo espalla leda, Alà donde say o sol Desdo Cabo de Fisterra. Alà donde rega o Indo; Alà donde o Ganjes rega Embejando o Indo, è o Ganjes Os nosos Sar, è Sarela. Rios de Santiago. Ora ben debes o ser, (Digo po la derradeyra) Casa Santa à Santiago Gran Cidade o gran Fonseca.

Legenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Download XMLDownload current view as TXT