TECNOLOXÍAS E ANÁLISE DOS DATOS LINGÜÍSTICOS

Ver búsqueda de navegación

Navegación

Buscar

Estructuración do taller

PRIMEIRA PARTE

Presentación do prototipo da Plataforma de Recursos para a Investigación en Dialectoloxía Perceptiva
Nesta sesión presentarase a estrutura da plataforma, así como as versións preliminares dos modelos de tests perceptivos, unha primeira versión dos tests on line e os métodos de análise estatística empregados. A base fundamental desta plataforma serán os traballos desenvolvidos ata o momento no campo do estudo dialectal da prosodia, pero o obxectivo é que se amplíe a estudos de Dialectoloxía Perceptiva que non se limiten á prosodia.

Esta plataforma integrará unha serie de ferramentas para:


1. Confección de tests perceptivos

2. Realización on-line dos tests

3. Almacenamento nunha BD dos resultados dos tests perceptivos

4. Análise estatística básica dos resultados obtidos

5. Realización de gráficos a partir da análise estatística

6. Representación cartográfica dos resultados

SEGUNDA PARTE

Grupos de traballo multidisciplinares (proposta provisional)
Proposta de participación aos grupos de investigación da Rede de Tecnoloxías e Análise dos Datos Lingüísticos


O formato que propoñemos para esta actividade é a organización de grupos de traballo baixo a coordinación dun especialista. O obxectivo principal é que cada grupo de traballo discuta que achegas se poden facer en cada un dos ámbitos e que faga unha presentación das mesma na terceira parte da xornada. Cómpre que cada participante escriba, de maneira individual ou en colaboración con outro/s investigador/es, un breve proxecto/plan de traballo para contribuír á mellora da plataforma. Estes proxectos, así como os resultados do grupo de traballo, publicaranse dixitalmente xunto cos resumos das conferencias e dos seminarios.

Grupos de traballo (proposta provisional):

 

1. Grupo de Tests Perceptivos

2. Grupo de Modelos Cuantitativos

3. Grupo de Representacións

4. Grupo de Estruturas de Datos

TERCERA PARTE

Recapitulación e conclusións.