Comparación dos 10 nomes máis populares en diferentes zonas no ano 2015

Os nomes das persoas son unha extensión da cultura dos pobos e están moi determinados, xa desde antigo, por modas nacionais e internacionais. Ao comparar por países os nomes máis populares para nenas e nenos axiña se perciben as diferenzas, similitudes e tendencias existentes entre zonas xeográficas próximas e afastadas. A partir dos datos do INE relativos aos nomes escollidos para os nacidos no ano 2015 realizamos unha visualización que permite comparar estas relacións entre distintas áreas. Estes datos permiten coñecer os 10 nomes máis frecuentes por comunidade autónoma e os 100 máis frecuentes para o conxunto do estado. Ofrécese unha comparativa entre os nomes máis frecuentes en distintas comunidades do estado español que permite comprobar algunha destas semellanzas e diferenzas. A estas áreas xeográficas engadimos os datos relativos a outras zonas, entre as que se encontran Portugal, Inglaterra e Gales, Irlanda, Escocia, Bélxica, Suíza, Canadá e os Estados Unidos, configuradas a partir dos datos que proporcionan as respectivas oficinas nacionais de estatística para o ano 2015.

Os gráficos permiten comparar os dez nomes máis frecuentes en dúas áreas simultaneamente, tanto para nena como para neno. Podemos ver, ademais, o posto que ocupan no ránking e o número total de nacidos que levan eses nomes. A visualización ofrecen tamén a posibilidade de identificar mediante cores os nomes cognados, relacionados pola súa orixe etimolóxica, nas linguas que se inclúen.

Colaboraron na elaboración