GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND050_C

Adán non pudo pecar (S2)

TítuloAdán non pudo pecar (S2)
AutorCernadas y Castro, Diego Antonio
Data orixinaria1753ca
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Opcións de visualización

Texto:

Mostrar:

Anotación:


Adan non pudo pecar Christo non resocitou, San Xuan no no baptizou ninguen se pode salbar.

Segunda Glosa del Author à esta Redondilla, que conbirtio en Satira contra Don Pedro Fole, Canonigo dela Santa Yglesia de Santiago, de quien se sentia algo lastimado =

Dios à Adan coo seu poder puxo aquela pribacion duna Mazan, por què non se desmandase en comer. Que fixo Adan? quixo encher
ò fol, e â mazan probar; E âsí pecou, que a no andar (aunque con Eva foy mol) no conto ò Demo do fol, Adan non pudo pecar.
Dende ali fol do Embigo, xunto à Caca nos Criamos sendo da Culpa, que herdamos, ò fol, ò primeir Castigo: Deesto poño por testigo âquen nos comadreou; aquel fol nos apestou, e si algun mo nega, afè tamen pode dezir, què Christo non resocitou.
Ali Adan quedou tan feò, què enfrascado na malicia, se ueu cheo de ymmundicia, asi què ò seu fol ueu cheò. Fillos, e Fillas arreò deesta maneyra ciscou, solo muy limpia quedóu, à Nay de aquel Capitan, què â outro, como el Xordan, San Xuan no no baptizou. Fixo penitencias rexas, Adan de Peles uestido, que os foles fora ò Cortido, ò mesmo son què Pelexas: Por Cilicio si ò Cotexas
Ô fol se pode tomar, è non sabendo lebar, cando enfadan à Pacencia, os foles en penitencia, nadie se pode salbar.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt