Distribuído baixo Creative Commons Attribution Non-Commercial 3.0 Unported License
O volume está composto por dúas páxinas de garda, tres páxinas que conteñen unha táboa co índice a dúas columnas, unha páxina co ex-libris de Bonifacio González. A compilación poética está formada por cadernos de 16 páxinas. Na primeira páxina do primeiro caderno figuran o título e un poema a Feijoo; a seguir unha folla intercalada co retrato de Feijoo e unha dedicatoria. Despois do último caderno (páxinas 269-284), engádense unhas follas adicionais.
Páxinas numeradas a partir do inicio da serie de poemas copiados. A numeración queda interrompida na páxina 282.
Boa
Texto a unha soa columna
Encadernación en pergameo
O volume foi composto posiblemente no mosteiro de San Salvador de Lérez, onde o superior do convento ordenou recompilar os ocios poéticos do padre Feijoo.
O manuscrito permaneceu no mosteiro de Lérez ata a desamortización (1835), cando pasa a mans de frei Bonifacio González, que o leva consigo a Perdecanai, onde exerce como párroco desde 1857 ata a súa morte en 1891. A volume pasa a mans da súa ama, que o vende a Francisco Meléndez Polo, e este á súa vez, en 1901, a Justo E. Areal. Este entrégallo ao editor pontevedrés José Millán, que o incorpora á súa biblioteca particular.
Ofrécese unha transcrición conservadora do texto, que mantén grafías, puntuación e separación de palabras orixinais, e unha edición interpretativa, que regulariza e moderniza estes aspectos cando non teñen relevancia lingüística.
Adviertese
mentea
gosr
gosa