GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND048

Contenda dos labradores de Caldelas

>
TitleContenda dos labradores de Caldelas
AuthorFeijoo de Araújo, Gabriel
Creation date1671
EditionÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto
Source typeManuscrita
LanguageGalego
Text typeTexto dramático ou dialogado
CirculationTextos públicos
AutonomyTextos autónomos

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Entremes famoçso en que se contiene la contienda que tubieron los labradores dela Fra de Caldelas con los portogueces sobre la pesca del Rio miño Año de 167= Conpuesto por el Licenciado gabriel feyxoò de araujo año de 1671

Personas

Vn portoguez Vna portoguesa
vn labrador llamado Roleiro

Sale el portoguez

P. que vn fidalgo sufra isto! ballamo anjo dagarda! naõ sei como ò nobre peito naõ rebenta! y às atacas da misma maneira brotaõ por donde estaõ atacadas! que seja eu tamanha besta! que me sujeite à umha albarda? que pase aminha pesoa pelo que uns mas bichos pasaon? pelos ebanjeos santos que en gimarains se cantaõ; pela leite que mamei; epela maior tallada que tein a horta donabo que ei de morrer na demanda. naõ podiaõ òs bilaons cheos de coubas, è papas sauer q eu quein que con dicir isto basta? pois fora grande doudice relatar a sangue honrrada que erdei dos tartarabos Basco, Brito, y Alberte pallas. naõ saben estes maganos; mais pera que digo pragas? se poso eu, yos amigos pujar pela nobre espada atea quitar dos galegos, que saõ òs cains queme trabaõ canta raibosa, e sangue tein dentro a vea da arca. Con mui bo vbicho setomaõ; vou, yapenas venha à alba pelos montes de san fins chorando pedras, eprata Cando ei de estar na ribeira con jente tanbein armada que destruian os galegos inda que mas de mil aja. isto sin dubia ninhuma ade ser; trinta redadas, e cantas pelo seu bento quisermos seraon lançadas. logo viraõ con papeis alegando à antigualla decendo que naõ è vso; que fuso, ou que cabasa ay que balla seme poño ya jente daminha garda? à deser ò que eu quiser apesca a de ser dobrada, etres dobrada por christo, naõ à mas que facer; armas de atropellar con tudo, quebrense leis, ardan cartas, redemos como quisermos, a de ser nosa a ganança morraõ òs galegos morran, arda pois caldelas arda.

Vase.

Sale el labrador.

L. desquese acabou aguerra gerra quer esta canalla? eu penso que anda queibar co cano da miña bara. ten à culpa à freiguisia en darlle tamañas asas; Juro portantos, è cantos que à andeuer denegrada, anque a justicia me lebe os bois da corte, yas bacas. eu pido vsos, e custumes calen barbas, falen cartas, ò papel ò raçarà que qdou da antigualla. Juro à Jan que an de redar somentes hunha redada, ou à de auer o diabro na fenteira; amais naagoa ande beber muita e dela senque dela teñan gana. prasa à santanton que eu minta; mais veran saindo à alba senonos ouben os sordos, yos das orellas tapadas. que frescos paos ade auer, que raàs tanboriladas, que lindos rabos de fouces, que galantes seijoadas. quen tuber medo que fuja, evase mui nara malla, porque borgorio Roleiro àde de fender acausa. nos Vnha ves, yeles duas? esa eche treta formada, yabes de quedar debaijo coa bosa teima inchada. ò purtuges do galego nunca sacou boa baça, nena sacarà denòs sos carballos dan estacas. isto apoder que eu posa juro por santa guitarra; veñan, veñan para acà que à an de ver denegrada. eles viran, craro esta cunha migalla despada, vn pestoletaço à sinta, vnha adarga atrabesada, vnhas galletas nas pernas hichando catro pernadas; inpipinando ò chapeu, pondo vnha man na illarga facendo mill cirimonias, ècousas nunca contadas. mais non lle ajo dagardar tanta ratolaca; basta con catro centos diabros que os suman, è os barran que deiten lance, por lance, ese non queren lançadas llan de redar òbandullo, espetandollas entrañas. isto esta por nosticado por unha praineta mala, en que a dauer na ribeira galantes pastorejadas. eu quero mal à esta jente, einos depor entalladas, esfarelandollos cascos dos corpos sacarllas almas. an de saber q en caldelas ay jente de boa raça quepara des taleigueiros somente Roleiro basta. morran òs porcos treidores, è ardan cen beces, ardan.

Vase

Buelbe el Portoguez

[P.] quedaõ cein homẽs napedra pesqueira taõ afamada os mais fortes damanada por eles naõ sera quebra Pois òs que con migo vein Saõ escullidos ò dedo, ò diabo lles tein medo, queles à el naõ tein. traso somente vn morgado que he à mais bela pesoa que ay dendo miño alisboa docorpo mui entallado: da cara coma mill pratas; pois eu sou coma mill natas muto bein perfeisoado. tenho ò fuçino polido, ò bigote muto retorto, tanto que olirio doorto en gala tenho rendido. buscan me mutas doncelas, requebranme con amores, yaunque beja mill fabores por christo que son bo delas. quelles parece? naõ so un homen muto brioso, muy galaõ, è muy airoso? asi foi meu bisabo.

sale el labrador sinq el portoguez le vea

L. mal aja quen tepariu. (apte.) pascoa, è san Juo. che de deus, è ma mañan; el ainda non me viu. P. que ninhun galego venha o pasariño esta vendo esta gala è desposptura, e canta con mais duçura; L. este que estara facendo. P. que ninhun galego venha! naõ me espanto que asi seja, porque logo que me veja demedo quedara morto. L. esta resmusmuniñando, ou debe de estar raçando alà por seu abó torto. mais pouco, è pouco mechego (llegase) beijo as mans de bosastede, Como esta bosa mercede? ten saude? P. si galego. L. equeay? como lle bai? tan cedo à beira dorrio? seica ben tomalo frio alor calor quebai? P. eu venho sabeis a que? à darbos muto e do pau. L. forca, ira de callau, ende iso señor porq? P. porque que quero. L. e non ai mais de porque quero? pardios que chan de saltalas moos a fora da boca cosais. (apte.) P. un tris naõ me falta , pera racharlla cabesa. (apte.) L. o cabo desta sinpresa pedras, è paus aberà. (apte.) P. ora bein eu ò enbaso, e venha todo caldelas; que cuteladas taõ belas! (apte.) L. desalmado garrotaço llei de dar anjo dagarda (apte.) euso como ven vn tolo, è unha besta con perdon; mais bindo ò meu rebenton, seme lateja o miliolo. P. querobos decer Roleiro que apesca de portugal senpre à de ter mas cadal. L. iso non meu pegoreiro. quen viu nunca en sacolorio vnha cousa coma essa. P. eu que che rrache a cabesa.

sacala espada da idale.

L. tamen cha racha borgorio

dale un palo, enla cabeça, idice

[L.] à dedios, del rey cun portuguez rebelado

caese el portoguez quando le dan i dice

P. balla mo chaõ por sagrado que taõ deboto beijei. acudi antes que morra meus amigos e parentes. L. boteille catorce dentes fora coa cachiporra. e tu aínda estas roncando garda quese bolbo ati. P. nunca noutra tal me vi. (vase) L. olonbo llebai triscando.

Dice el portoguez dentro

[P.] arrimay ò barco a terra, desparai as espingardas, naõ agardeis mas agardas, apilidai todos guerra.

Dice el labrador mirando à dentro

[L.] Homes, jentes àrribeira, tocai ò sino apilido, que esta o roleiro firido polo medio damoleira. rapaces, mulleres, bellos eilos ben nunha bandada, ea, ea seijoada aperta ruço, y aellos (mirando adentro sienpre) ay aquel lebou boa, arela aquel despara, gardaibos home dabara non bos furen à boroa. bolbe sobre elles, sobre eles que ja fojen coma gamos.

Dicen dentro

fabor, fabor que nos afogamos. L. ò rio, ò rio coeles. eis uns acabalo doutros asi, asiora ma tornai conpadre porque beban uns, èoutros. ainda andan dous patujando ala ban estes penedos, ido fundo, y estai quedos, è non bos andes cançando:

Dicen dentro

pardès galante matança non pudo afè ser mellor L. Castigos noso señor pois que ordenaron adança. Yeu ben sei sobro que cai; mais nono quero decer queosais por non dar pracer à alguns que en purtugal ay. ora ben isto esta feito, eles estan afogados, nos do feito mui pagados anquo feito custepreito. ediñeiriño tamen ad ade custar alloada; mais amin non se me da nada. alfin nos fijemos ben. amaeis eu so luminairo da parrocha; yadepor ò abade o seu fabor è todo ò mais naçasairo. porqualfin è galanteiro ye amigo do juis, econ tres marauedis librama casa, equinteiro. el ade remedearnos, epolas cousas enpas quanque parece rapas sabe mui ben gobernarnos. ten un entendimento que pasmo; no ai abade, crego, nin crega, nin frade nen ningun bello decento con tanta discrijiçon; yasi penso bolbera por nós ejudicarà que nos sobra arraçon. bou correndo polaposta sacho jantar que comer quainda atarde eide esparjer unha gran pilla de bosta. (vase)

Descubrese la cortinina, y bese otro portogues echado enel suelo, mojado como queesta muerto, yvna portoguesa llorandole.

Port. meu quirido, meu mimo, meu morgado, meu ouro fino, meu mui doce amado, meu espello, meu gosto, meu contento, meu bein, enquein eu tinha o pensamento. quanamigo raiboso tematou;? è d joia tan bela me priuou? quein foio desalmado, yatrebido que te quebrou espello tan lucido? quein meu minino morgado marchitou à frol daidade? quein bos dirribou dotrono enque posto estabàis? cariño, emimo de teis pais? abosa cabeleira priciosa como esta tan suja? quein a pus ludosa? acara que a prata abentajaba, àgala quedo corpo bossobraba, òs ollos conquas mininas dabais pena co ollar grave, èvista taon serena, quein bos roubou tudo isto? donde fica? quein foi ò que cortou rosa tão rica? atacar as sirolas naõ sabia, yespada de tres braços ja cinjia. que pujando porela fes que ciscacen mutos mutaedela. no alantejo ganou mutas vitorias como bein contaraõ largas historias ò doiro as espumas lle tenjeu con sangue ruiba quo castelaõ berteu. era con ser minino taõ balente que pudia por canpo amuta jente. yagora malpecado beo amorrer nun charco aufegado. yasua moleiriña dilicada aberta coa pura cacheirada. esperababos eu bitorioso, etinha tres testoins de paõ fromoso. meho sable cocido, emeo asado meu casco de cebola, èallo petado. neto è meo de vinho na borracha pera osque conbosco ibaõ facer cacha. mais a raiba galega taõ trabesa escachoubos à todos à cabeça. mufina demin mufina que farei? sein alma, gosto, è vida, donde irei bolbe meus ollos a estes tristes braços darbosei despois de morto mill abraços para anbos farei àsepoltura, e coiço darei fin atal tristura.

Vase conel en los braços

Buelbe asalir el labrador muy suspenso.

[L.] non me quer aqueibar opensamento, ò miolo me golpes sentento. ò juizo me mill aldrabadas, yo carcajo me dà bacorejadas. non çarro estas pestanas noite, e dia nen ben sono aningen dafregisia. todos andan coa barba no onbreiro, etodos raçean de gastar diñeiro, mais con gastalo jase contentaran sos colmaços do fogo se libraran. non sei samica non seme espilico, quero diecer, se libran o pelico cantos os purtugueses deron morte queos cubrirà muy boa sorte. non lles teño eu medo non, mais teño grande sai vnha traicion yamaneçe vnha mañan de neboeiro en fumo à caça, yenbraçalo quinteiro. todos son morlacos, yapostre son traidores coma cacos. non ay que fiar neles porquo cabo ande por mesa, è manteles. mais bejos calados quandan corteses muito, èmesurados. non sei o que faran; cosais coesta tunda aqueibaran, enon seran ousados de vir por lan, è volber trasquilados Mais non trato mais disto, porque ben aquí un bato à cristo.

sale otro portoguez

P. quebai Roleiro? L. que desaforado taleigeiro. (apte.) como ven comedido. P. como bai a bocè esta firido? sanou ja da cutelada? L. conque fromosa enbaijada me chega às orellas; mais ba que lle sacudo oje asgadellas, eti, yos bosos que bos sacudimos ben os osos. tendes saude enteira? òs mortos sairon ja na barredeira? P. naõ faleis mas niso, nein me rebolbais mais ò joiso. que me toma abregoña. L. eu serei amigo dapesoña. esaquí mandereita, edigo que deijemola endeita. P. falta por bvida minha que aja porfin de guerra unha festinha e seja amea dança. L. tamen eu farei miña mudança. P. o rapariga tra traçe ca abiola. L. o pandeiro diga. P. e trace coa biola un pandeiro baillara tamein gorgor Roleiro.

Sale vna muchacha portoguesa con guitarra, pandero y sonajas.

M. aquí esta tudo cantemos, alegria aja, y os mortos enterremos

toma cada vno su instrumento, y canta lo sigte. y baylan.

[M.] minha may tein prometido de conpañeiro medar que beja mutas caçar, èfinome pormarido. tein vnha aljaba ò amor de setas doiro cargada, unha adetracer crabada no que do seu bando for. desdo rei ateo menor à aquel bendado cupido basallaje llan de dar. que bejo amutas caçar, e finome por marido. ò gosto, yo cariño, yo contento dos amantes, è jirasol dos galantes que atodos segue o camiño, rapàs coma un armiño an quese mostra ofendido osque que bejo amutas caçar è finome por marido. carceleiro queprende con lazos mui amorosos, ofende muto òs czelosos, yos oitros naõs ofende. saõ duçuras canto bvende mercader mui quirido bamoslle todos comprar, que bejo a mutas caçar è finome por marido.

finis Laus Deo


Legenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Download XMLDownload current view as TXT