GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND025

Ai do Allo, ai do Allo

TitleAi do Allo, ai do Allo
AuthorCernadas y Castro, Diego Antonio
Creation date1752
EditionÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Ay do Allo, ay do Allo, ay do Allo, ay da Cebola, ay do Allo, ay do Allo, nunca che eu do Allo fora. GLOSA. Meu Anton, que parolas, en Copras mal coziñadas, facendo mil enversadas, mezcras Allos con Cebolas: deyxate de ideas tolas, que perdes tempo, é traballo, é non sexas mal Vasallo, pois eres do Allo, Anton, nin te piques, que si non ay do Allo, ay do Allo. Non fagas Copras mordentes, que no teu frio gaspallo, ben conocemos ó Allo, sin que nos mostres os dentes: son moytos os ingredentes, de que se fay unha ola, é anque na tua Cachola, ó Allo porreta bóte, ben sabes que en qualquer póte ay do Allo, ay da Cebola. Nunca piques á ninguen, nin fies de mosca morta, que qualquer na sua horta sua punta de Allo ten: revolver caldos non he ben, meu Anton, cara de Almallo, é sabe pó lo meu fallo, que para dar picazon, donde se pensa, que non ay do Allo, ay do Allo. Eu non che quero negar, que, ó ser Rioboo, he , é que en escoller Abó, non me quixera Malvar: eu ben sey, que ó meu Solar non ten moyta forma agora, mais en fin, chanzas afora, no habendo, así como así, de ser eu mellor, que , nunca che eu do Allo fora.

Legenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Download XMLDownload current view as TXT