GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND042

Romance ao cura de Fruíme

TitleRomance ao cura de Fruíme
AuthorIsla y Losada, María Francisca
Creation date1775
EditionÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

View options

Text:

Show:

Tags:


Romanze escrito por mi señora Da Maria Francisca de Isla y Losada al Sor Abad de Fruime Ôu mèu Crego? Seiq' qués, que eu vote alengoa â paseàr? Catao ben, e despois non che pese, ò que ágora fás. Se contra toda concencia pensache de min tàn màl, e estou quixòsa, ¿por que ti non me has ti de aloumiñar? Seique por que aló non vòlva ávèrbos de Balandran? ai dá puja! q'a terriña évos para cubizár. An que me trataches bén s'ávesita non pagàs
dou ò demo ala poño nin me lembro de vòs màis.
Q' èu, anque ben vós quero coma si fordes rapàz tamen vos esquenzerei, como dea en enteimar. Dime algùnha còusa dòce como habes doito, écatá, que si así no no fazèdes, me escatìmo, évelo hàs. Ven sabedes, vaiche bòa! como estas cousas se fàn, è madia tendes, senon eu êime de encabuxar. Sospeito, polo que vexo non quès amiña amistà, fas ben, mais escom'así outra com'ela n'achás,
Deixame estàr à meu cabo layandome do meu mal, que abo fèllas farto teño; grasias aDeus, que mo ! Dòncheme tànto as sofràxes ô Peito, è aínda màis, que de dia, nin de nòite eu nunca podo acougàr. Teño moitos calafrios, á quentura ben detràs, receo, si ò mal catìbo, Dios che m'arrede detàl. Sòs mentes en Deus do Céo, agarimo podo achàr, pois cuitadiña de min; non teño Pay, nin Nay! Estouche feita un Calabre, èas vagoas dos ôllos cán
à cantos me ben no Leyto: aÿ miña Virxen da Paz!
Se d'esta non dòu de costas vos ofrezo dir alà (pois còas dores relouco) por si remedio me dàs. Polo fio d'unha roca ó estagamo seme bay, é cortafeira coideiche que acababa de finar. Anque à prea non hègrande si ca si, ò sacristan disque à pestàna do figado se lle hiba alegrando . Ô cont'hè, si enturra n'eso Deus me libre das suas más, q'anque eu non queira, na Coba de chantarme heche capàz.
Ahi vay esa esmoliña p'rá à virxen à empregà que che lla dou de boa mentes; ¡cantè quen poidera mais! Eu unha probe viuda mal pocado de min! aÿ! que esta remembranza me fay decote choràr. Nosa Señora ben sabe ó tamaño deeste màl, pois con oubilo na Igrèxa (sos mentes) ó sinteu . Tamen bay ese tabeque meu velliño, pois fungàs que cada grao de èl gorenta, con eso as fremas sairàn.
Virés acò meu Dieguiño cando ò tempo milloràr, porque si escorrega á Besta è esbarroufàs, alabay. Ay Jesús! miña Joiña! non falemos nesto mais, que grima o pensalo, Deus vos garde bo é san. Santiago. Febreiro doce Aÿ! que non sey que me , que me esfraquezo detodo, ènon podo vafexàr.

Legenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Download XMLDownload current view as TXT