Novedades

  • Destacado

    Que andamos tramando?

    05/03/19

    "Que andamos tramando?", iniciativa de Francisco Dubert, María José Rodríguez Espiñeira, Xulio Sousa e Victoria Vázquez Rozas, pretende favorecer a colaboración entre o persoal investigador en lingüística da Facultade de Filoloxía.

  • Destacado

    Incorporación dun centro de ensino portugués ao programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

    28/11/18

    O alumnado do Curso Profissional de Técnico de Turismo da Escola Básica e Secundária de Rebordosa participa este ano lectivo no programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional.

  • Destacado

    XXXII Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas

    02/07/18

    A Real Academia Galega organiza a XXXII Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas, que se desenvolverán en Santiago de Compostela entre os días 2 e 24 de xullo de 2019.

  • Chornada A lingua galega. Lengua, mosica y cultura

    22/05/19

    O vindeiro venres 24, o lingüista Francisco Fernández Rei, membro do Instituto da Lingua Galega da USC e da Real Academia Galega, impartirá na Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona a conferencia A elaboración do galego moderno.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    09/04/19

    Convocatoria pública 7/2019 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.

    Convócanse tres prazas para o Instituto da Lingua Galega: unha para traballar no Arquivo do Galego Oral (AGO), outra para a Ferramenta On-Line para Experimentación Perceptiva (Folerpa), e a terceira para apoiar a xestión do Grupo Filoloxía e Lingüística Galegas (FILGA).

  • XIV Premios á calidade lingüística

    05/04/19

    A compañeira e investigadora do ILG Raquel Vila-Amado recibiu o Premio á Calidade Lingüística na modalidade de traballos de fin de mestrado, área de Ciencias Sociais e Xurídicas, polo seu traballo Evolución dos textos iniciais nos manuais de galego desde a Transición ata a actualidade, dirixido pola profesora de Ciencias da Educación María López Sández.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    19/03/19

    Resolución 6/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

  • II Congreso Internacional de Dialectología de Euskaltzaindia

    13/03/19

    Do 13 ao 15 de marzo tivo lugar en Bilbao o encontro Diversidad: vocablos y voces de las variantes lingüísticas. II Congreso Internacional de Dialectología de Euskaltzaindia.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    09/03/19

    Resolución 5/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

  • La lingua dei 'trobadores'

    07/03/19

    O xoves 7 de marzo, ás 12.30 h no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, tivo lugar a presentación do libro de Simone Marcenaro La lingua dei 'trobadores'.

Páginas