Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico.
Actividades
Actividades futuras
-
08/11/24
-
03/10/24
O IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, quere seguir o espírito das tres anteriores edicións e aspira a converterse nun lugar de encontro de referencia para os académicos que se dedican á investigación da realidade lingüística do noroeste ibérico.
-
13/05/24
Tras o éxito do I Colloque International d'applications da linguistique de corpus dans a didactique de langues, que tivo lugar na Université Sorbonne Nouvelle (París) o 15 e 16 de xuño de 2023, esta segunda edición pretende reunir de novo a lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas.
-
02/05/24
CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia.
Histórico de actividades
-
12/04/24
A investigadora do ILG Maite Sanmarco Bande impartiu o obradoiro Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico o martes 9 de abril, de 13 a 15 h, na sala de divulgación do centro.
-
19/03/24
O 19 de marzo terá lugar no ILG o Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice que está aberto ao estudantado de todas as titulacións de Filoloxía (non é preciso ser especialista en galego). Haberá agasallos sorpresa para todas as persoas que validen, ademais dun gran premio de 100€ para o campión ou campioa, que se entregará ao final da xornada.
-
30/01/24
O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
-
20/12/23
O 20 de decembro terá lugar a xornada Lingüisticamente III, organizada polo grupo Procesos Gognitivos e Conduta, o Instituto da Lingua Galega e o grupo Filoloxía e Lingüística Galega da USC, na sala de conferencias do noso centro.
-
28/11/23
Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC, aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico.