Events

Upcoming events

  • 11/08/24

    Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico.

  • 10/03/24

    IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, quere seguir o espírito das tres anteriores edicións e aspira a converterse nun lugar de encontro de referencia para os académicos que se dedican á investigación da realidade lingüística do noroeste ibérico.

  • 05/13/24

    Tras o éxito do I Colloque International d'applications da linguistique de corpus dans a didactique de langues, que tivo lugar na Université Sorbonne Nouvelle (París) o 15 e 16 de xuño de 2023, esta segunda edición pretende reunir de novo a lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas.

  • 05/02/24

    CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia. 

Events archive

  • 03/19/24

    O 19 de marzo terá lugar no ILG o Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice que está aberto ao estudantado de todas as titulacións de Filoloxía (non é preciso ser especialista en galego). Haberá agasallos sorpresa para todas as persoas que validen, ademais dun gran premio de 100€ para o campión ou campioa, que se entregará ao final da xornada.

  • 01/30/24

    O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

  • 12/20/23

    O 20 de decembro terá lugar a xornada Lingüisticamente III, organizada polo grupo Procesos Gognitivos e Conduta, o Instituto da Lingua Galega e o grupo Filoloxía e Lingüística Galega da USC, na sala de conferencias do noso centro.

  • 11/28/23

    Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC, aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico.

  • 11/20/23

    O vindeiro luns 20, ás 11 h, terá lugar unha nova "Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira, da Universidade Federal do Pará (Brasil).

Pages