AMPER-Galicia
ATLAS MULTIMEDIA PROSÓDICO DO ESPAZO ROMÁNICO

Axuda

No mapa da esquerda podes seleccionar unha localidade, das que están coloreadas, pinchando enriba dela.

No cadro da dereita ofrecémosche unha serie de parámetros para que ti escollas. Primeiro debes seleccionar unha das tres frases do noso corpus; logo, tes que indicar se queres información relativa ao informante masculino ou ao feminino; e, finalmente, marcar a modalidade oracional que prefiras (enunciativa ou interrogativa).

Unha vez feita a selección, obtés un gráfico que representa a curva melódica desa frase en concreto. A curva melódica é a liña que representa a melodía das frases, a secuencia dos tons.

Tamén podes escoitar a melodía sintetizada de cada frase. Isto quere dicir que o que vas escoitar non é a voz real senón a melodía desprovista dos elementos léxicos, o que permite que se repare expresamente nela e non no significado da frase .

O segundo mapa permíteche facer comparacións entre distintos gráficos e melodías. Tes que seguir os mesmos pasos que no caso anterior, pero terás que cambiar polo menos un dos parámetros. É dicir, se por exemplo seleccionas o mesmo punto, o mesmo sexo e a mesma frase nos dous casos, terás que seleccionar distinta modalidade oracional, para así comparar as diferenzas. Podes ir combinando os parámetros dependendo de se o teu interese é comparar a diferenza entre un home e unha muller dun mesmo lugar, entre a enunciativa e a interrogativa do mesmo home, entre dúas frases distintas, entre dous lugares, etc.

Polo momento, non temos información completa de todos os puntos polo que pode que pinches nalgún parámetro e non obteñas a información desexada.