Este proxecto ten como principal finalidade o estudo, comparación e representación da distribución xeográfica dos patróns melódicos das distintas variedades do galego. Amper-Galicia forma parte dun proxecto internacional que recolle os datos de todas as variedades románicas do mundo, AMPER internacional, que ten como finalidade proporcionar unha descrición da prosodia do espazo románico. Nesta páxina ofrecémosche algunhas mostras dos resultados que obtivemos a partir da nosa investigación. Polo momento este proxecto non está rematado, polo que non están dispoñibles datos de todos os puntos xeográficos. As gravacións realizadas para obter os datos que aquí amosamos foron feitas nunha soa parroquia de cada concello. Na maioría dos casos trátase da mesma capital do concello, pero noutros o lugar escollido foi un núcleo urbano distinto.
Pincha no mapa Verás os gráficos e escoitarás as curvas melódicas
Aínda non dispoñemos de datos para a túa selección. Proba outra vez, cambiando algún dos parámetros.
Pincha no mapa Verás os gráficos e escoitarás as curvas melódicas
Aínda non dispoñemos de datos para a túa selección. Proba outra vez, cambiando algún dos parámetros.
Forma de cita: Fernández Rei, Elisa (coord.): AMPER-Galicia. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. <http://ilg.usc.gal./amper/> [Consultado: <data>]