Unha asociación que ten o fin de impulsar traballos dedicados á conservación, divulgación e investigación dos nomes de persoas e de lugar. O seu ámbito non só se circunscribe aos límites políticos da Galicia actual, abrangue tamén os territorios limítrofes, tanto de España coma de Portugal, pertencentes á Gallaecia histórica.