A tese de doutoramento titulada A toponimia das Comarcas de Bergantiños,  Fisterra, Soneira e Xallas na Documentación  do Tombo de Toxos Outos (séculos xii-xiv) da que é autor o socio da AGOn Paulo Martínez Lema pódese consultar e baixar no repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela.

No volume 3/2011 da revista Estudos de Lingüística Galega podemos encontrar, entre outros artigos, dous encadrados no ámbito da onomástica. O primeiro, referente á lexicalización de nomes propios, “Entre o cola-cao e o nesquick. Lingua galega e marcas rexistradas“, da autoría de Noemí Álvarez Villar e María Rey Rey; e o segundo, “Sobre onomástica, o nome do papa e o estándar galego“, de Luz Méndez.

(Agradecémoslles ós socios da AGOn e ós lectores deste blog que nos acheguen información sobre calquera publicación -tanto das dispoñibles online como as editadas-  que consideren de interese para poder divulgala).