Posts tagged ·

Noticias breves

·...

Xornada de Onomástica galega en Pontevedra

no comments

A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra organizan este sábado 17 de setembro unha Xornada de Onomástica galega no Museo Provincial de Pontevedra. O tema central deste encontro é a microtoponimia e a urxencia da súa recollida e preservación. Nesta ligazón pódese consultar toda a información sobre o acto.

 

(Imaxe tomada do buscador da web Toponimia de Galicia)

Queres saber dos teus apelidos?

no comments

Mañá, sábado 17, Gonzalo Navaza, membro da Asociación Galega de Onomástica (AGOn), participará nun Consultorio de Apelidos organizado pola Gentalha do Pichel. O encontro é ás 20:00 no centro social da asociación (rúa de Santa Clara, 21 – Santiago de Compostela).

A toponimia interesa

no comments

A rota toponímica organizada o domingo pasado pola Gentalha do Pichel tivo un grande éxito de público. Un paseo de case tres horas pola zona vella de Santiago encabezado por Xosé Ramón López Boullón, membro da Asociación Galega de Onomástica, convocou arredor de cincuenta persoas que participaron activamente coas súas preguntas e as súas achegas a que todos coñecésemos algo máis da historia e da toponimia da cidade.

Desde a AGOn dámoslles os parabéns aos organizadores, ao guía e aos asistentes, alegrámonos do interese que esperta o noso património toponímico e esperamos que sexan moitas máis as veces que reflexionemos sobre os nosos nomes de lugar.

Paseo con toponimia

no comments

A asociación Gentalha do Pichel, como xa fixera anteriormente no barrio de San Pedro, organiza para o domingo 5 de febreiro ás 16:30 un paseo toponímico pola parte vella de Santiago. O membro da Asociación Galega de Onomástica, Xosé Ramón López Boullón, explicará a toponimia do núcleo histórico. O paseo complétase coa visita á exposición Compostela dicitur.

A toponimia do Bierzo occidental

no comments

O colectivo O Bierzo Ceibe reclama a recuperación da toponimia tradicional do Bierzo occidental:

«O Bierzo occidental en a súa toponimia específica que o distingue doutros territorios veciños. Toponimia tradicional conservada ó longo dos séculos na súa lingua galega. Pero a falta de recoñecemento legal e institucional do galego está permitindo a súa perda fronte á oficialidade do castelán. Nas últimas décadas modificouse a normativa de forma que xa hai un recoñecemento legal do galego do Bierzo. Referímonos ó Estatuto de Castela e León que recoñece expresamente «que gozará de respecto e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice» (artigo 1.4.). Pero certo é que, malia o recoñecemento legal do galego, as institucións bercianas non se comprometeron na recuperación toponímica na súa lingua tradicional.»