Un cidadán acode ó Valedor para que inste a un concello a cumprir a lei: “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. Corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios…”
O Valedor abre un expediente.
O Valedor escríbelle ó concello: “Lémbroche que tes que cumprir a lei”.
O concello non responde.
O Valedor pregúntalle ó concello:” ¿Vas responder o que che preguntei?”
O concello non responde.
O Valedor vólvelle preguntar unhas cantas veces: “¿Vas responder o que che preguntei?”
O concello, por fin, responde: “Non me gusta ó que me obriga a lei e, como xa pedín que o puxesen como a min me gusta, non vou cumprir a lei”.
O Valedor sentenza: “O concello acepta parcialmente o meu recordatorio”.
O Valedor pecha o expediente.
A toponimia, ¿ten que a valla?
A historia completa, aquí: valedor_do_pobo_Ribeira.pdf
Sobre o nome de Ribeira, aquí.
1. Comment by Cibrán
26/Nov/2012 at 17:40
Grazas por divulgar esta inxuria. Avergoñar a esta xentiña é xa a única via que nos queda.
2. Comment by editor
26/Nov/2012 at 19:33
Oxalá sexamos moitos a protestar e a divulgar a desprotección en que vivimos os galegofalantes e como as mesmas autoridades incumpren as leis e terxiversan a realidade. Seguiremos pelexando!