O 9 de marzo de 2011 saíu na prensa a noticia de que o PP rexeitara unha proposta do BNG para normaliza-la onomástica. Fóra das mencións máis ou menos risibles duns e doutros, que é o que máis chama a atención dos xornalistas, é lamentable que os tres grupos políticos non estean de acordo en protexer a nosa onomástica. Porque a nosa onomástica si necesita protección urxente. Hai que ter en conta que os ámbitos xurídicos da antroponimia e da toponimia son diferentes, posto que a primeira pertence ó dereito privado, e por tanto é unha cuestión individual e voluntaria, mentres que a toponimia atinxe ó dereito público e por tanto debe ser regulada pola Administración. Iremos poñendo algúns exemplos sobre os nomes propios, os apelidos e a microtoponimia.