En novembro do pasado ano 2014, a RAG facía público un comunicado no que lle solicitaba ao Congreso dos Deputados a inclusión da toponimia tradicional como «Concepto de patrimonio cultural inmaterial» na Lei para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial.

A devandita lei, publicada no BOE  do 17 de maio de 2015, recolle a recomendación da Academia:Tradicións e expresións orais, incluídas as modalidades e particularidades lingüísticas como vehículo do patrimonio cultural inmaterial; así como a toponimia tradicional como ferramenta para a concreción da denominación xeográfica dos territorios”.

A AGOn congratúlase por esta nova, que supón un paso substancial cara á protección e salvargarda da toponimia de noso.

Máis información no seguinte enlace