Ano 2010-2021

· Durante estes anos a AGOn sacou á luz, xunto coa Real Academia Galega (RAG) a colección Terra Nomeada de toponimia dos concellos de Galicia. Poden consultarse os volumes publicados, oito ata o presente, na sección de publicacións da web da RAG.

Ano 2010

· A Asociación Galega de Onomástica está mantendo contactos coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para a elaboración dunha colección de libros sobre a toponimia dos concellos galegos. Os primeiros volumes sairán do prelo en 2011.

. A AGOn colaborou con Etnoga Patrimonio Cultural S.L na elaboración do xogo didáctico aTOPando Compostela, un xogo de mesa co que se pretende achegarlle ao alumnado, dun xeito lúdico, a familiarización cos nomes de lugar do concello e o interese pola toponimia. Promove este xogo, que sairá do prelo a finais de ano, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago.

Ano 2008

· Coorganización xunto co Instituto da Lingua Galega do Simposio ILG 2008 Toponimia e cartografía. Formaron parte do seu comité organizador os membros da Asociación Gonzalo Navaza e Luz Méndez, e do seu comité científico Ana Boullón. Véxase http://ilg.usc.es/ilgas/simposio_2008.

Ano 2006

· Organización do II Congreso Internacional de Onomástica Galega, celebrado en Pontevedra os días 19, 20 e 21 de outubro de 2006, xunto co Instituto da Lingua Galega e a Universidade de Vigo. Léronse 56 comunicacións, amais de tres conferencias plenarias e tres mesas redondas.

Ano 2005

· Informe sobre o nome Pepe

Ano 2003

· Carta ó alcalde do concello de Lalín sobre a recuperación e o respecto da toponimia autóctona con motivo dos cambios no rueiro da capital do concello.
· Mesa redonda no concello de Lalín sobre toponimia urbana.
· Carta ó alcalde do concello da Estrada sobre a recuperación e o respecto da toponimia autóctona con motivo dos cambios no rueiro da capital do concello.

Ano 2002

· Proposta asinada xunto coa Federación das Asociacións de Veciños de Vigo, a Universidade de Vigo, o Instituto de Estudios Vigueses e a Comisión de Toponimia e remitida á Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo para a conservación e o respecto á toponimia tradicional.

·Organización do Congreso Internacional de Onomástica Galega Frei Martín Sarmiento. Facultade de Filoloxía. Santiago de Compostela, 2-4 de setembro de 2002, organizado pola Asociación Galega de Onomástica, o Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega. Participaron 107 congresistas, e entre eles, 47 presentaron comunicacións sobre distintos aspectos da onomástica galega. Houbo tamén unha conferencia plenaria e varias mesas redondas. A propia asociación publicou as actas