FOLERPA
Ferramenta On-Line para ExpeRimentación PerceptivA

Presentación

FOLERPA é unha ferramenta de experimentación perceptiva en liña. Esta plataforma ten dous obxectivos principais: por un lado, facer dispoñibles aos investigadores unha serie de recursos integrados que o auxilien na realización de experimentos perceptivos e, por outro lado, permitir realizar tests perceptivos en liña.

A plataforma FOLERPA trata de achegar ó investigador unha ferramenta de creación de tests de percepción, dentro dunha interface gráfica amigale, interactiva e coa máxima flexibilidade posible sen necesidade de que o usuario teña coñecementos de programación.

Todo o proceso experimental se desenvolve en liña. Esta característica permite un acceso á plataforma desde calquera equipo informático con conexión a internet e permite que diferentes xuíces poidan realizar os tests de maneira simultánea dende diferentes ordenadores.

Outro dos obxectivos principais desta plataforma é proporcionar unha ferramenta de tratamento dos datos onde o investigador poida realizar unha primeira aproximación estatística dos resultados do test.

Unha vez rexistrado, poderá elaborar un test perceptivo ou clonar un test que xa teña construído, difundir un test, descargar os datos obtidos unha vez realizado o experimento, e realizar unha primeira análise estatística dos datos.

FOLERPA está formada por catro módulos que permiten o desenvolvemento completo do experimento.

  • Elaboración e xeración do test.
  • Difusión do test entre os xuíces
  • Descarga dos datos
  • Análise de datos